domingo, 20 de junio de 2010

O BIBLIORATO DESEXAVOS FELICES VACACIÓNS E BOAS LECTURAS VERANIEGAS!

O Bibliorato vai de vacacións, leva moitos anos encerrado na nosa Biblioteca e necesita airearse. Pero, prepárate! en setembro vai vir cargadiño de noticias e propostas interesantes. Mentras, quédate con estes consellos de lectura para o verán.

(Preme no centro da imaxe para ver en pantalla completa e de novo para ampliar máis)


E antes de marchar quere deixarnos a revista do colexio: O LARETEIRO DO XALLAS; da que está moi orgulloso. Dende aquí quere felicitar ao profe FERNANDO, responsable da súa elaboración e organización, e a tod@s os que escribiron un anaquiño do seu sentir para que fora posible este traballo. Bicos e ata setembro!
(preme no centro para ver en pantalla completa e xoga coas flechas para vela)

miércoles, 16 de junio de 2010

EXPOSICIÓN DE XEOMETRÍA

Temos unha exposición estes días no colexio realizada polo profe FERNANDO e os alumnos de 5ºA sobre a comprensión e relación da xeometría da vida cotiá de cada persoa.

FOTOS DE:

DANIEL ALVITE RODRIGUEZ
ANA CASTIÑEIRAS LANDEIRA
ANTONIO DIAZ CASTRILLO
SERGIO FERREIRO COUTO

Aquí tedes unha mostra

sábado, 12 de junio de 2010

OS AMIG@S DO BIBLIORATO FAN PUBLICIDADE

Divertido anuncio do novo Kia Soul. Dirixido por Bardou Jacquet



Visto aquí

miércoles, 9 de junio de 2010

A volta ao mundo en 80 días e a volta ao mundo en 80 segundos



No libro "La vuelta al mundo en 80 días" de JULIO VERNE, Phileas Fogg e o seu axudante Passpartout percorren o mundo en 80 días pasando por miles de aventuras e perigos.

Aqui tes unha versión especial para nen@s que che servirá de aperitivo e che deixará con ganas de máis. (pasa o cursor polas imaxes para avanzar)


De todas maneiras, na actualidade, coas novas tecnoloxías, podemos percorrer o mundo en 80 segundos. Fíxate ben e disfruta da viaxe!


lunes, 7 de junio de 2010

OS LIBROS APODÉRANSE DAS RÚAS.

A literatura apodérase das rúas. En Manhattan, cidade de EEUU, o 17 de febreiro deste ano, os seus cidadáns tiveron a oportunidade de ler e disfrutar dos libros nun lugar non habitual e libre de tráfico.

Mira que debeu de ser divertido pasear e atopar libros esperando por un! Como tamén se podían levar, esta exposición durou o que duraron os libros sobre o asfalto. Pero por unhas horas os coches non foron os dueños do lugar!

Os autores son un grupo de artistas españois, Luzinterruptus, que traballan con luces nun ambiente urbán. (Se premes en Luzinterruptus poderás ver máis fotos)

Via NOSOLOLIBROS

viernes, 4 de junio de 2010

miércoles, 2 de junio de 2010

BIBLIOTECA NA REDE

aNobii é unha ferramenta que te permite formar unha estantería dixital cos libros que liches, que están lendo ou que queres ler. Podes ir añadindo libros e saber o que les por ano.

aNobii tamén che permite visitar os estantes de persoas que teñen gustos parecidos aos teus e podes telos como amigos ou veciños de lectura, incluso intercambiar libros.

Como ves é unha GRANDE BIBLIOTECA NA REDE.

O único problema que ten para crear un estante é que ten moi poucos libros en galego, así que primeiro tes que pasar o traballo de dalos de alta e despois de dúas semanas máis ou menos, recibes un email confirmando que o teu libro está engadido.

Aquí che deixamos o noso estante con libros de Uxío Novoneyra: "GORGORÍN E CABEZÓN", "O CUBIL DO XABARÍN", ILDA, O CORZO, O LOBO E O XABARÍN" e tamén "A PRINCESA DO COUREL" de Patacrúa. (Preme en cada libro para ver a información)