jueves, 23 de septiembre de 2010

UNHA LAREIRA E UN CONTANCONTOS IRLANDÉS NO COLEXIO!

Mirade que lareira temos na aula da CONTADORA DE SOÑOS! A parte da vosa esquerda está adicada a Galicia e a da vosa dereita a Irlanda. Que a gustiño deben estar os rapaces e rapazas aquí escoitando contos galegos e irlandeses! A que si?

Nesta lareira e ao seu calorciño está hospedado HANRAHAN O VERMELLO, un contacontos irlandés que contará moitas historias da súa terra. Que ben!


Oes Contadora espero que apareza algún deses contos por aquí e que HANRAHAN veña a facernos unha visita á Biblioteca. Benvido!

viernes, 17 de septiembre de 2010

A IMPORTANCIA DOS NOSOS CONTOS


Ola de novo! Hoxe presentoche un documental que trata do maior tesouro que temos na nosa cultura, OS CONTOS que se transmitiron durante siglos na familia a través duns CONTACONTOS especiais: OS MAIORES.
Se falla o video preme AQUI para ir a páxina do enlace e poder visionalo

viernes, 10 de septiembre de 2010

VOLTA AO COLE!

Ola de novo a tod@s! Que tal as vosas vacacións? Eu, este ano, decidín ir a lugares con encanto da nosa Galicia. Seredes capaces de recoñecer na foto de arriba os sitios polos que pasei?

Vin tan contento coas cousas bonitas que hai na nosa terra que teño unha proposta que facer.

Quero que recollades contos do voso entorno, da nosa maravillosa terra xalleira . Contos de aparecidos, da santa compaña, de lobos, aventuras de veciños, de curas, historias da aldea...

Eses contos que os nosos avós, estupendos contacontos, contaban sentados a carón dunha lareira, cando non había televisión.Lembrades o que nos contou o profe Fernando?


E sabedes o por qué desta proposta? Pois...porque imos a contalos na nosa Biblioteca, nós e aqueles da vosa familia que queiran participar neste proxecto!

Así que xa sabedes a poñerse as pilas que estou desexando ver o que traedes!

FELIZ VOLTA AO COLE CON MOITAS SORPRESAS NA BIBLIOTECA!