viernes, 29 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: TEATRO "AVENTURAS DE CURUXA, A APRENDIZ DE BRUXA"

Curuxa é a bruxa máis nova de tódalas bruxas. Vive no seu pobo co seu pai que tamén é bruxo. Ela é moi atrevida e aventureira, pero ás veces tamén se quedaba distraída horas e horas..., sen pensar en nada. Así é como empeza a obra de teatro que escenificou hoxe na Biblioteca o grupo de 5º C.



Tivemos un problema co video porque eramos tant@s que a condesación estropeou a súa grabación. De todas maneiras aquí tedes unha montaxe con imaxes desta preciosa obra e sobre todo cuns actores e actrices estupendas. Parabéns 5º C!




Finalmente, para todos os que estén interesados, esta é a nosa obra de teatro (Fonte LETRAS GALEGAS, WEB DE NORBERTO)

(PREME EN FULLSCREEN PARA VELO EN GRANDE)


CURUXA    

CENTENARIO DE MIGUEL HERNÁNDEZ

O próximo sábado, 30 de octubre, celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández e gustaríame deixarte uns debuxos moi bonitos explicando a súa vida.

Neste precioso poema  Miguel expresa o seu desexo de ser un paxaro, queres continualo ti decindo o que che gustaría ser?

Yo quisiera, quisiera
yo quisiera ser pájaro:
un asiento de ramas,
y de plumas los brazos:
el quehacer de aire y nada,
y de pico los cánticos,
el amigo en el cielo
y el amor en el árbol.
Yo quisiera, quisiera
yo quisiera ser campo,
la cabeza de almendra,
los cabellos de esparto
el aliento de pinos
y los picos de sembrados,
el hablar de silencios
y de surcos los labios.

miércoles, 27 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: The Kingdom of Witches

Today was a special day! All the activities were in english. Vaia dia! Xogamos a Trick or Treat coas profes de inglés Gloria e Carmen.


E logo na Biblioteca traballamos co videoconto titulado "The Kingdom of Witches". Os encargados de narralo foron ALBERTO, CARMEN, AINOA, FRANCISCO, JESSICA E ANA, de terceiro ciclo. Tamén se repartiu pó do reino das bruxas para aprender moito inglés.














E que vos parece se lle votades unha ollada ao maravilloso conto de hoxe? Thanks teacher Gloria and Carmen.


reino (Aquí atoparás a traducción ó galego)

Para rematar, tedes unha preciosa montaxe  da profe de inglés do cole da RABADEIRA (da que temos permiso para utilizalo no noso blog) no que se explica a festa de HALLOWEEN. Parabéns teacher e saúdos a todos os nen@s e compis dese cole!

lunes, 25 de octubre de 2010

HORA MEIGA NA BIBLIOTECA: CONTO "O BARCO DOS BRUXOS"

Menuda se montou hoxe ha Biblioteca! A avoa Recareda, o pooka e grupo de ilustradores presentaron o conto "O BARCO DOS BRUXOS" ao ritmo da música de MAKELENA e logo repartiron zume de libros que estaba delicioso e que fará que tod@s leamos moitísimo máis. Mirade tod@s que ben o pasamos! Foi un éxito de público xa que as dúas sesións estiveron cheas de nen@s. Grazas a tod@s por vir!

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow
Disfrutade agora do estupendo conto e da banda sonora que o acompañou.

jueves, 21 de octubre de 2010

UNHA CASA GALEGA, UNHA LAREIRA, UNHA BRUXA E UNHA CANCIÓN NA BIBLIOTECA!

 Mirade e admirade! Que bonita nos quedou a entrada á Biblioteca! E aínda hai máis pois dentro temos unha lareira e a carón dela vanse contar historias moi emocionantes!


Empezaremos a semana que ven con aventuras de bruxas na HORA MEIGA. 

Este é o programa para celebrar o SAMAÍN na nosa Biblioteca.


E por que historias de bruxas? Pois porque veu visitarnos a BRUXA MAKELENA e quere invitarnos a vivir estas experiencias cunha canción que se poñerá para avisarvos de que empeza a actividade.


Poe

ESPERO VERVOS A TOD@S!

lunes, 18 de octubre de 2010

O BIBLIOBURRO, UNHA BIBLIOTECA DISTINTA

Hoxe quero presentar a un gran colega meu: O BIBLIOBURRO.


Porque hai nen@s que non teñen unha biblioteca como a nosa e para ler contos necesitan outra maneira de acceder a eles.

Visto AQUÍ

jueves, 14 de octubre de 2010

A HISTORIA DA VACA CUXA

Que tal bibliorateir@s? Quero deixarvos esta historia moi divertida, que me contaron a min. Seguro que vos vai gustar moito. (Podes ampliar o video premendo no cadrado)

viernes, 8 de octubre de 2010

CÓMIC, BD, BANDA DESEÑADA

Hoxe tivemos unha estupenda visita na Biblioteca. O debuxante GoChi estivo con nós falando dos cómics e aprendemos moitísimo con él. (Se premes no seu nome poderás coñecelo mellor)



Aproveito para recomendarvos a lectura da aventura de TRASMALLO CA SANTA COMPAÑA. 


Trasmallo é un personaxe creado por GoChi que, nesta ocasión, vive unhas aventuras con bandoleiros, piratas e a lenda galega máis temida e antiga: a da Santa Compaña.

lunes, 4 de octubre de 2010

UNHA ESTUPENDA CLASE DE MÚSICA

Carai! Que ben o pasamos hoxe! Viñeron visitarnos uns profesores da ESCOLA OFICIAL DE MÚSICA DA BAÑA, para mostrarnos o traballo que están levando a cabo e animar aos nen@s a asistir a esta actividade. Moitas grazas compañeiros por esta clase estupenda! Espero que moitos nen@s se animen a estudar un instrumento e a ser uns excelentes músicos.

viernes, 1 de octubre de 2010

A SAUDE É UN ARTE: SAUDARTE

Ola! Hoxe quero presentarvos a proposta de  LOURDES MACEIRAS, escritora, médica e profesora da Universidade de Vigo para participar na primeira exposición de POSTAL VISUAL SOBRE SAÚDE NA ESCOLA.

Trátase de facer ilustracións, poesía visual, esculturas, fotografías, collages, pinturas... sobre a saúde. Mirade un exemplo...

O plazo para presentar as obras remata o 31 de outubro e o material recollido pasará por tres exposicións: en Pontevedra, Vigo e Ourense.

Ao premer na seguinte imaxe vaise directamente a páxina web de SAUDARTE, donde atoparedes información desta convocatoria en profundidade.