Para rematar a semana cultural tivemos un fantástico contacontos. Sabedes de cantos contos disfrutamos? Pois de cinco: NEGROS E BRANCOS (David Mckee), ELMER (David Mckee), A COELLA MARCELA, O REI ARTURO e "A historia do home do saco".
E que vos parece se podedes disfrutar no noso blog de algúns deles? Por exemplo do conto de NEGROS E BRANCOS, ilustrado por alumnos do noso cole.
Hoxe temos unha gran sorpresa: unha charla con JENNIFER, GUILLERMO, ERIKA, MARIA, FÁTIMA, LETICIA, YOANDRA Y CINTHIA. Alumn@s do colexio pertencentes a outras culturas e aos que todos coñecemos. Pero hoxe queren contarche cousas especiais do seu país de procendencia ou da súa etnia. Escoitaos con moita atención.
A Empresa Vagalume, contratada polo concello de Santa Comba,ven visitarnos esta semana ao cole para realizar con nós actividades sobre as culturas do mundo. Haberá un concurso de carteis co tema "As culturas que conviven no meu pobo" e de luns a xoves obradoiros sobre distintos continentes aos que se asistirán por turnos para rematar o venres cunha sesión de contacontos.
Así que durante estes días no noso blog poñeremos videos musicais, libros e historias doutros países e algunha entrevista aos alumn@s do noso cole doutra cultura. A que che gusta a idea?
Comezamos co libro ARROZ, AUGA E MILLO, de BERTA PIÑÁN, ilustracións de ELENA FERNÁNDEZ. Versos para nenos e nenas de todas as partes do mundo. Premio de Literatura Infantil e Xuvenil MARÍA JOSEFA CANELLADA 2008. Diploma nos PREMIOS VISUAL de Deseño Editorial 2009.
Aquí cho presento en video cunha música de acompañamento marabillosa.
Sabedes? O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. Dende entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal do Nen@.
Sabedes? O noso cole estase enchendo de contos por todas partes. Hai un rincón moi especial, o dos bruxiñ@s de Segundo e Terceiro de Primaria no que un pode sentarse a descansar e descubir historias de Santa Comba.
Miradeo ben, a que é chulísimo?
E agora podedes vós ler o conto dos rapaces e rapazas de Segundo A titulado "A BRUXA DAS ESTRELAS" que ocupa unha das paredes (queda pendente o de Segundo B que está en proceso de elaboración)
Ola! Estou moi nervioso porque mañá celebramos o Magosto no colexio e estou desexando ver as vosas manualidades e comer moitas, moitas castañas!
Mentras espero vou ver neste xogo, creado polo profe FÉLIX PIMENTEL (do Ceip Pilar Maestú da Pobra) e DOLORES IGLESIAS (do Ceip de Cespón), canto sei sobre esta festa da nosa terra. Vémonos! (Preme na imaxe e logo en executar)
Todo o que empeza ten que rematar, deste xeito os contos a carón da lareira na Biblioteca din adeus.
Grazas a todos e a todas, os que colaboraron nos contos, os que os viñeron escoitar, os que axudaron...
Os nen@s de 5º B son os encargados de pechar a hora meiga cun maravilloso conto narrado por Laura, cunha protagonista especial, Jessica, escenificado por tod@s e cunha sorpresa final.
E que che parece se admiras os preciosos debuxos destes alumn@s?
O libro "A BRUXA MON é un libro de Pilar Mateos para nen@s de 2º ou 3º curso de primaria.
Os rapaces e rapazas de 5º A representaron con títeres o primeiro e o último capítulo. Avoa Recareda: Alicia, Policia: Samuel Péixe: Bruno C, Bruxa: Elena e Sheila, Ra: Fran, Nena: Sofía, Guardia: Paula, Pooka: Daniel, Conductor: Carla, Eco: Paula L, Narradores: Samuel e Julián.
Mirade que bonito!
E finalmente, se premedes na imaxe poderedes xogar e aprender moito coa bruxa Mon.