viernes, 13 de agosto de 2010

UNHA FELICITACIÓN ESPECIAL DE LOURDES MACEIRAS

Ei rapaces e rapazas interrumpo as miñas vacacións porque teño que darvos unha noticia moi importante!

Sabedes? A escritora LOURDES MACEIRAS, autora do libro o "TORQUES DE OURO" que traballaron na clase os rapaces de 6º e presentaron en comic no blog da CONTADORA DE SOÑOS, acaba de mandarnos un email precioso no que alaba ese traballo. Aquí o tedes para que o lembredes.
Comic Torques

Parabéns CONTADORA! Parabéns nenos e nenas de 6º que xa non volveredes con nós o curso que ven porque iredes ao Instituto! E parabéns Lourdes por este precioso libro e grazas polas túas palabras. Aquí tedes o email resumido que lle enviou a Contadora de Soños.

Benquerida Carmen:
Son a autora do Torques de Ouro.
Atopei a vosa actividade co meu libro e quedei..., non xa gratamente sorprendida, senón abraiada.

Gustaríame facervos unha invitación especial para participar nunha convocatoria de Arte Postal en setembro. Xa estaremos en contacto!

Xa estou nervioso só de pensar no tema, serei capaz de pasar o resto das vacacións relaxado? Ti que pensas?