miércoles, 21 de diciembre de 2011

UNS DÍAS ESPECIAIS


Despois dunha semana con actuacións como o grupo SON+D2 E MIGALLAS...Vaia último día máis marchoso! O alumn@s de Infantil e Primeiro Ciclo no ximnasio con contos  e cancións dos " CANTAJUEGOS" e os de Segundo e Terceiro Ciclo no patio de columnas cunha discoteca moi especial... A que o pasamos fenomenal?



Pero o máis fermoso de todo foi a introducción a esta festa:

* Un Canto de Nadal galego recollido en Cícere e ilustrado polos alumnos de 5º A.




* E a adaptación ao galego da canción de LA OREJA DE VAN GOGH E OS CLANNERS "LA LUZ QUE NACE EN TÍ"; interpretada a dúo con ALICIA de 6º A (vaia voz máis fermosa que ten!
FELICES VACACIÓNS A TOD@S e MOI BOAS LECTURAS! AQUÍ TEDES UNHA LISTA CON LIBROS MARABILLOSOS!

lunes, 19 de diciembre de 2011

AVENTURAS NO NOSO BELÉN NO FONDO DO MAR

  Sabedes? O Neno Xesús do noso Belén, no fondo do mar, estes días, recibiu moitas visitas e agasallos. 


Os maiores bailaron a ritmo de modernas panxoliñas...
Watch videos at Vodpod and more of my videos


E os nen@s de Educación Infantil viviron moitas aventuras con él: 

* Escoitaron un conto
* Cantaron panxoliñas

* Comeron galletas e chocolate, trouxeron debuxos...

Que guap@s están  nestas fotos!

viernes, 9 de diciembre de 2011

MAMMA MIA, VAIA BELÉN!

Mirade que guapo estou neste portal de Belén especial no fondo do mar!

Sabedes que está feito de plastilina? Vaia artistas temos no colexio!  Aquí podedes atopar máis de 200 figuras entre as que destacan amigos meus como O APALPADOR, A DAMA DO LAGO, MERLÍN, O SHELLYCOAT, SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS... Na súa elaboración participaron os seguintes grupos: 3º B(praderías marinas) 4º A (decoración das cunchiñas do Portal), 4º B (algas e corais), 5º A e 5º B (animais marinos), 6º A, 6º B e 6º C (animais marinos e figuras).

Aquí o tedes presentado nun divertido video e acompañado dunha canción na que recoñecedes as voces de ÉRIKA, LAURA, ANALÍA, INÉS, LARA e NEREA de 5ºA e CONTADORA DE SOÑOS. (Este video está a disposición da COORDINADORA GALEGA DE ENDL, na súa páxina de recursos didácticos sobre o Nadal)

martes, 6 de diciembre de 2011

RECANTOS MÁXICOS

Temos no cole varios recantos cheo de maxia. Queres velos?

O DA TRADICIÓN ORAL, cheo de refráns, adiviñas, lendas, ditos, cantigas, tradicións... recollidas polos alumn@s de 5º e relacionadas co tempo do MAGOSTO.


LIBRO BUSCA LECTOR, LECTOR ATOPA O TEU LIBRO, donde hai moitos libros que quixeron saír da Biblioteca para ir de paseo contigo e vivir xuntos múltiples aventuras.

A CASIÑA DO BOSQUE DOS SOÑOS.
Fermoso recanto de lectura para os alumn@s de primeiro ciclo. 

Que pasada!


jueves, 1 de diciembre de 2011

VISITA DE J. MANUEL GISBERT

Despois de tantos contos na nosa biblioteca o martes tivemos a visita dun escritor: J. MANUEL GISBERT; autor do libro "El bosque de los desaparecidos". Os afortunados de disfrutala foron os alumnos de 3º de primaria que tamén serán os encargados de ler este fermoso libro.

Chic@s, quero que me contedes ben de que trata porque o título ponme os pelos dos bigotes de punta!

E agora mirade todos, nesta presentación, que ben se portaron durante a charla de Gisbert.

martes, 29 de noviembre de 2011

A BIBLIOTECA ENMEIGADA

Como explicar o que pasou onte na Biblioteca? A malvada Morgana estropeou o video de presentación ameazando con vingarse de nós por contar contos sobre o mar e acoller ao Mago Merlín. Tamén se presentou en persoa e fixo un conxuro para que non se abriran nunca xamáis os libros e estropear o traballo de tantos anos na nosa biblioteca...

Pero será mellor que o vexades vós mesmos porque realmente merece a pena. Parabéns a todos os actores que participaron nesta actuación e miles de grazas a tod@s os que dalgunha maneira fixeron que estas sesións de contacontos foran unha realidade.

VIA CONTADORA DE SOÑOS

sábado, 26 de noviembre de 2011

DANZA DE MENSAXES AO MAR

(Presentación da última sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-28-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. Que se te pos triste perdes a túa fermosa cor azul e que as túas augas teñen tanta maxia que fixeron moi famosas as cunchas das vieiras.

Escoita mar, queres ver as fermosas poesías visuais que fixeron os alumn@s deste cole empregando estas cunchiñas?




Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.

martes, 22 de noviembre de 2011

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: O CABALEIRO DAS CUNCHAS

Que festa fixemos onte na Biblioteca con gaiteiro e todo!

O Shellycoat trouxo unha cunchiña cun conto da ría de Vigo, do pobo de Bouzas, que explica por que a vieira é o símbolo dos pelegríns.

O grupo encargado de escenificalo foi 6ºC de Primaria. Magníficos artistas xa con moita experiencia en escena.

Queres disfrutalo ti tamén?

domingo, 20 de noviembre de 2011

CONVIVENCIA EN CELORIO

Os alumn@s de 6º, do noso cole, en colaboración coas profes de Lingua Inglesa participaron no Proxecto de Inmersión Lingüística levado a cabo en CELORIO (LLANES) na semana do 23 ao 29 de Outubro.

O Equipo de Dinamización da nosa biblioteca preparou un video presentación da nosa comarca que tivo moito éxito e agora, quere presentarvos esta montaxe cunha selección das actividades levadas a cabo durante esta convivencia.

Con música de fondo de CRHIS BROWN "BEAUTIFUL PEOPLE" e grandes sorpresas, polo medio, esperamos que a disfrutedes tanto como os seus protagonistas.

sábado, 19 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR DOS ALUMN@S VERSIÓN DANCE

(Presentación da terceira sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-21-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. E tamén que se te pos triste perdes a túa fermosa cor azul.

Pero,  escoita mar, os nenos deste cole quérenche       igoal aínda que sexas  doutra cor. Queres ver como te imaxinan a ti e as criaturas que te habitan se non eres azul?



Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.

VÍA CONTADORA DE SOÑOS

martes, 15 de noviembre de 2011

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: O DÍA QUE O MAR PERDEU A COR

Na segunda sesión de contacontos de onte na Biblioteca o Shellycoat (Liroy) trouxo unha cunchiña recollida na praia de Muros cunha adaptación moi libre do conto de PATRICIA BARBADILLO "El día que el mar se quedó sin color" (Cuentos Azules. Ediciones SM)

O grupo de 6ºB foi o encargado de levar a cabo a súa escenificación, donde hai moitas sorpresas como a actuación en directo de LAURA N. e LAURA C.


Que bo equipo forman, coa CONTADORA DE SOÑOS, para un conto tan fermoso! 


Mirade que chulada!





E tal como lle prometemos ao mar imos coidalo. Aquí tedes uns xogos educativos que vos axudarán na tarefa de aprender a importancia da auga. Premede nas imaxes e adiante mariñeiros!




viernes, 11 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR DOS ALUMN@S

 (Presentación da segunda sesión de contacontos na Biblioteca "Ven a Nadar"-14-11-2012)
Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Agora os nen@s xa saben por que as túas augas son salgadas. Queres ver os fermosos debuxos que fixeron do teu conto?

Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.


VÍA CONTADORA DE SOÑOS

martes, 8 de noviembre de 2011

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: POR QUE A AUGA DO MAR É SALGADA

Menuda se montou onte na Biblioteca! 

Estreamos a sesión de contacontos titulada "VEN A NADAR" coa cunchiña, cun conto de Galicia, en concreto de Carnota e  que trouxo o noso amigo o SHELLYCOAT no que se conta por que a auga do mar é salgada.


 
Os encargados de ilustrar e escenificar este conto foron os alumnos de 6º A, cunha colaboración moi  especial: a de Laura de 6º B que, no papel de Olaia, cantaba ao seu amor mariñeiro que a deixaba soa.

Excelente a interpretación de Daniel do mago Merlín e impresionante e belísima estaba Sofía, como a DAMA DO LAGO. 

Estupendo o camara, a controladora de son, os relatores....

Un gran traballo en equipo onde cada un cumpriu a perfección o seu papel para darnos a coñecer un fermoso conto da nosa terra, onde se ensalza ao mar e a Galicia que sempre ESTÁ DE FESTA para celebrar todas as riquezas que ten.



Apetéceche ver o ben que o fixeron?


GRAZAS CONTADORA DE SOÑOS A TÚA ILUSIÓN FAI QUE A NOSA BIBLIOTECA ESTEA VIVA!

sábado, 5 de noviembre de 2011

DANZA AO MAR

Ai que estou namorado! Esta miña compañeira de aventuras, a CONTADORA DE SOÑOS,  tenme enmeigado! Mirade que fermosa presentación ten preparada para a sesión de contacontos "VEN A NADAR" que comeza este luns.

Un día o mar díxome ao oído:

- Desexo que os humanos me queiran e me coiden. Podes axudarme? 

E respondínlle.

- Eu farei que moitos naden e se mergullen nas túas ondas. Non te preocupes. Bailarán contigo e serás respetado.

Coa maxia desta danza abrirei as portas a un mundo máxico onde serás amado.
 (Presentación da sesión de contacontos na biblioteca VEN A NADAR)




Espero que veñades tod@s! Porque eu vou ser o primeiro!

martes, 1 de noviembre de 2011

VEN A NADAR! CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Mirade que bonita está a entrada a nosa biblioteca! Está preparada para recibir a visita, neste mes de de novembro, de moitos amig@s: O SHELLYCOAT, A DAMA DO LAGO, O MAGO MERLÍN, MORGANA e moitos máis,  serán os protagonistas dunha chea de aventuras! Aquí tes o programa.
E a canción que nos acompañará, nesta ocasión, é unha versión moi especial de "ON THE FLOOR" de JENNIFER LOPEz e PITBULL, cantada polo SHELLYCOAT e  A DAMA DO LAGO. Soará pola megafonía do centro para avisar de que comeza a sesión de contacontos.


Espérovos a tod@s!

miércoles, 26 de octubre de 2011

SANTA COMBA E O BARRIÉ EN INGLÉS

Ola de novo! Esta rapariga  que vedes á dereita chámase SARAH KIMBALL e ven de DAKOTA DO SUR, USA. Ela é a auxiliar de conversa deste curso.

Como o Equipo da Biblioteca quere colaborar co equipo de Lingua Inglesa no Proxecto de Inmersión Lingüística preparamos esta presentación da nosa zona, narrada por Sarah.

Xa veredes que sorpresa se levan os outros coles e profes de inglés na convivencia en LLANES-ASTURIAS, durante a semana do 23 ao 29 de outubro. Alá están 25 alumn@s de sexto de primaria do noso cole coa profe CARMEN ESPASANDIN.

jueves, 20 de octubre de 2011

UNHA BIBLIOTECA VIRTUAL MOI ESPECIAL

Hoxe quero presentarvos o baúl do meu amigo SHELLYCOAT. Xa sabedes que colecciona cunchiñas e buguinas de todo o mundo con contos relacionados coa auga. Mirade que chulo é!


Estes contos están presentados por un abecedario moi especial. Queres descubrilo?


E para rematar o máis importante. Aquí tes a colección de contos do SHELLYCOAT, unha biblioteca virtual en GOOGLE MAPS no que percorrerás o mundo aprendendo moito. En total son 130 CONTOS: NARRADOS, EN VIDEO, CURTAS, CANCIÓNS... relacionados coa auga e os seus estados. Deles 35 son propios do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

Imos poñelo debaixo da cabeceira do blog para que cando accedas a él o teñas a man e poidas viaxar a donde ti queiras. (navega coas frechas de arriba para abaixo e preme nos puntos de cores para abrir o video correspondente ao conto)

Ver OS CONTOS DO SHELLYCOAT en un mapa más grande

GRAZAS ESPECIAIS AO ARTISTA JORGE MORAIS VALLE, AUTOR DA CURTA "O PINTOR DE CEOS", QUE NOS MANDOU TODO O MATERIAL DO SEU TRABALLO E DOU O SEU PERMISO PARA QUE POIDESE FORMAR PARTE DESTE PROXECTO.

domingo, 16 de octubre de 2011

A CHAMADA DO OCÉANO

BAIXO O MAR

Que chulada! A nosa Bibloteca estase a transformar nun marabilloso mundo baixo o mar onde viviremos miles de magníficas aventuras! O meu amigo o Shellycoat quere que prestes moita atención a este fermoso conto que che quere contar titulado: "A CHAMADA DO OCÉANO". Xa verás todo o que aprendes sobre a temática da auga.


Que nervios! Temos que romper un feitizo! Que misión máis importante! E esto é só o comezo!

jueves, 13 de octubre de 2011

O MEU AMIGO O SHELLYCOAT

Hoxe quero presentarvos a un amigo moi especial que fixen nas miñas correrías polo mar.

Chámase SHELLYCOAT e é un ser das augas escocesas, ao que lle encanta coleccionar cunchiñas e buguinas de todo o mundo cunha chea de contos coa temática da auga. 

Agora está na aula da CONTADORA DE SOÑOS e moitos de vós xa o coñecedes. 

Este ser é moi divertido e, como lle gusta moito cantar, preparounos unha canción na que fixo moitísimas trastadas. Serás capaz de atopalas?




Que gañas teño de que me conte algún dos seus contos!

lunes, 3 de octubre de 2011

BENVIDOS A BIBLIOTECA!

Ola amiguiñ@s! Benvidos de novo a nosa Biblioteca que hoxe abre as súas portas e na que vos agardan moitas sorpresas!

Eu este verán andiven polo fondo do mar e fixen unha chea de amigos que virán contarnos moitas  historias.

Mirade que ben o pasei con eles!

Ata logo!
bibliorrato

viernes, 24 de junio de 2011

MISTERIO NA EXCURSIÓN DE 5º


Ei rapaces! O outro día fun de excursión cos nenos e nenas de 5º seguindo  o curso do río Xallas, e mirade que ben o pasamos!



Pero, cando íamos no catamarán pola ría de Muros-Noia, acheguéime tanto para ver a auga do mar que caín. Mamaíña, que medo!
Como nas vellas lendas, oín cantos de sereas, pero, todos eran moi tristes! porque estaban asustadas por todos os problemas de contaminación e escasez que afectan directamente ao seu medio de vida. E o peor é que... nos afectan a nós!.  

Teño que contárllelo aos nenos!

jueves, 23 de junio de 2011

DESPEDIDA CON PESDELÁN

Que ben o pasei o mércores vendo a todos os nenos e nenas do colexio cantar e bailar no patio coa música do grupo PESDELÁN





E que ben bailaron os nenos e nenas de 6º que deste modo despedíanse do cole onde estiveron nos últimos 9 anos, para ir ao seu novo destino O INSTITUTO.
Vounos botar moito en falta para o curso que ven!

Estas fotos son o proba de todo o que vos conto.
(Pon en marcha a música)




Pesdelán on PhotoPeach

Pesdelán II on PhotoPeach






domingo, 12 de junio de 2011

O LARETEIRO DO XALLAS (REVISTA ESCOLAR)

Que contento estou! Despois de moitos traballos  por fin temos aquí a nosa revista deste ano.

Para vela mellor tedes que premer no cadrado e logo darlle a lupa para ampliar ao pasalas páxinas e se moves a roda do rato ampliarás moito máis.




Grazas a tod@s os que contribuiron a que esto fora posible  coa súa ilusión e esforzo. Especialmente grazas a Fernando, coordinador de Dinamización Lingüística,  polas horas invertidas na montaxe e elaboración.

martes, 7 de junio de 2011

CONTOS DA MUSA DA POESÍA.

Hoxe quero presentar este conto "O SEGREDO DA ILLA DE SAN BORONDÓN" que a Contadora de Soños preparou coa axuda de alumnas de 6º A que se encargaron das ilustracións. 

Unha historia fermosa donde a protagonista é a Musa da Poesía.




E sabedes? A partir de esta historia xurdiu a idea de facer un conto encadenado. Os primeiros que empezaron foron os alumn@s de 3ºA, continuou 2º A, 2º B e 4ºA doulle o toque final. 

Aquí está a súa historia titulada: "AVENTURAS NA ILLA DE SAN BORONDÓN"; donde fantasía, creatividade, imaxinación, ilusión, traballo en equipo... uníronse para lograr un relato feito por nen@s e para nen@s de todas as edades.(Preme no cadrado para ampliar)

domingo, 5 de junio de 2011

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Este ano o día mundial do medio ambiente adícase aos bosques. Se premes na imaxe poderás acceder a unha guía de libros sobre bosques.
Agora sen moverte do sitio podes dar un paseo polo bosque. (Preme na imaxe e alucina!)
E lembra, coida e respeta o planeta. Lembra que O VERDE MOLA!

lunes, 30 de mayo de 2011

CONTOS POPULARES DOS XITANOS ESPAÑOIS

Javier Asensio García é un foklorista que se adica a recoller contos e relatos orales en España e reunilos nun libro. A súa especialidade son os contos dos xitanos.

No ano 2009 contactou con CARMEN LODEIRO, CONTADORA DE SOÑOS, a través do seu blog para que o axudara nesta tarefa. Mandou unha enquisa que cubriron os rapaces de etnia xitana, alumnos do noso colexio, que se lle devolveu ben cuberta e tamén se lle enviaron dous contos

Agora acaba de publicar o seu libro "CUENTOS POPULARES DE LOS GITANOS ESPAÑOLES" no que aparece, na páxina 257,  o conto recollido por GUILLERMO e JENNIFER IGLESIAS HERNÁNDEZ titulado "El burro hambriento"


"Dos gitanos querían comprar un burro cada uno, y como no les llegaba el dinero para comprar dos, decidieron juntar el dinero, comprar uno y repartirlo entre ambos.

De esta manera se turnaban en el uso del burro. Primero lo tenía uno, y cuando llegaba la hora de darle de comer le decía:

- Que te dé el otro amo.

Después el otro, y cuando llegaba la hora de darle de comer le decía:

- Que te dé tu otro amo.

El pobre burro se quedaba siempre sin comer. Así que adelgazó tanto, tanto, que ya no podía trabajar, y decidieron venderlo a un circo, que entonces los dueños de los circos compraban animales enfermos para alimento de las fieras. El burro, nada más soltarlo en la jaula, se zampó a un léon del hambre que tenía.

  
A Contadora de Soños xa ten o seu exemplar firmado e adicado polo autor, canto apostades a que o trae para a BIBLIOTECA?

sábado, 28 de mayo de 2011

RESULTADO DO 27M

Gustaríame compartir con tod@s algunha das experiencias da convocatoria do ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

No noso cole: CONTACONTOS coa historia SIRA E O PAXARO NEGRO e cometas ao vento con mensaxes mentras as nosas dúas Lauras de 5º cantaban MUÑECAS DE TRAPO.(Podes ver máis no blog da CONTADORA DE SOÑOS)



GLOBOS CHEOS DE DESEXOS DE OPORTUNIDADES DENDE TRAGAPALABRAS
(BLOG DO 1ºCICLO DE PRIMARIA  da Sagrada Familia de Madrid)



IES GUILLEN COLOM CASASNOVAS DE SOLLER




CEIP NTRA SRA DEL CARMEN, MURCIA


QUE PASADAAAA!

miércoles, 25 de mayo de 2011

O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS

Este ano a CAMPAÑA MUNDIAL DE EDUCACIÓN trata o tema das nenas e a súa discriminación a hora de acceder a uns estudos. Por múltiples causas, en distintas culturas, négaselles unha educación.

O día 27 de maio as 10 e media hora peninsular hai unha actividade proposta : O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

Consiste en soltar globos de papel con contos e mensaxes todos xuntos a mesma hora. Nós, por motivos de seguridade, empregaremos cometas.

PARTICIPA, ESCRIBE A TÚA HISTORIA E QUE A LEVE O VENTO
COMETA



Esta mensaxe, interpretada por Laura G. e Laura C. de 5º B, será a que, o venres 27 de maio as 10:30, surcará os ceos dende o noso cole. (Se premes en mensaxe irás ao blog da CONTADORA DE SOÑOS e terás máis información)

Que alguén o escoite. Que o mundo cambie.

CONTADORA DE SOÑOS

martes, 24 de mayo de 2011

VISIÓN ARTÍSTICA DUNHA POESÍA DE LOIS PEREIRO

O profe Fernando de 6ºB traballou, co seu grupo de alumnos e alumnas, unha fermosa poesía de Lois Pereiro que fala da enfermidade.

Cada alumn@ tiña que dar a súa visión desta poesía explicandoa dunha maneira artística. Mira o resultado!