miércoles, 26 de enero de 2011

O PRÍNCIPE FELIZ (CONECTATE A PAZ)

Que ben o pasei o luns na Biblioteca co meu amigo o Leprechaun e a avoa Recareda! Os protatonistas deste conto son a estatua dun príncipe, que está nunha cidade, e  unha anduriña. Xuntos farán cousas moi boas polos demáis.



Esta é unha historia na que o amor, lealtade, amizade e xenerosidade son os protagonistas. Aquí tedes o conto do PRÍNCIPE FELIZ a mans dos alumn@s de 6ºC.



viernes, 21 de enero de 2011

A FEIRA DOS LIBROS!

Estes días atoparedes nos pasillos e na biblioteca moitos libros moi bonitos e interesantes. Gustaríame que os miredes e busquedes aqueles que máis vos gusten para ler.

Pedídelle aos vosos profesores que vos acompañen a mirar e escoller o libro que vos interese.

Cando o teñades escollido, poñede o carnet dentro, indicar o voso curso e deixade o libro no caixón da biblioteca.


Máis tarde poderedes recollelos no estante correspondente ao voso curso na mesa redonda.



ÁNIMO, PODE SER DIVERTIDO!

miércoles, 19 de enero de 2011

O XIGANTE EGOÍSTA (CONSTRÚE A PAZ)

Erase unha vez un xigante moi, moi egoísta que non quería compartir o seu xardín con nadie. 

Erase uha vez uns nen@s que conseguiron facelo bo e convertilo nunha persoa xenerosa.


Esta é a representación en títeres do conto de OSCAR WILDE: O XIGANTE EGOÍSTA, cunha sorpresa final: baile e canción pola paz.

Alumn@s de 6ºA

domingo, 16 de enero de 2011

UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Ao ritmo da canción de JUANES, PAZ, PAZ, PAZ, que soará pola megafonía do colexio comenzarán as actividades na Biblioteca durante este mes de Xaneiro. 

Aquí tedes a divertida coreografía que bailaron os rapaces e rapazas do cole durante o recreo do Venres. 
Via CONTADORA DE SOÑOS

jueves, 13 de enero de 2011

ACTIVIDADES PARA A PAZ

Rapaces e rapazas aquí tedes un poster que vos explica quen é OSCAR WILDE, escritor irlandés ao que adicaremos este mes de Xaneiro as actividades para conmemorar o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (30 de Xaneiro). (Preme AQUI para velo en grande)

E este é o noso programa para este mes. Lembrade que tedes que estar atentos a megafonía que coa canción PAZ, PAZ, PAZ, de Juanes vos avisará cando empeza o voso turno. Espérovos a tod@s! (Cadro de Leandro Lamas: A escola dos sentimentos, do que temos permiso para o seu emprego)

domingo, 9 de enero de 2011

TODO ESTÁ NOS LIBROS

Ola a tod@s! Despois deste descanso volvemos ao cole con máis forzas e moitas ganas de volver a visitar a Biblioteca. 

E que mellor maneira de darvos a benvida que empregando este poema de ANA MARÍA FERNÁNDEZ (Preme no nome para saber máis) presentado en forma de poesía visual. 

Xa o sabedes. Espérovos a todos na Biblioteca!
(Preme en play e logo en fullscreen para velo en grande. Tamén o podes pausar)