lunes, 28 de febrero de 2011

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

Esta semana estamos a preparanos para o entroido. Aquí tedes a nosa meca guapísima vestida de muller labrega porque o tema deste ano para os disfraces é A COMARCA DE SANTA COMBA. 

Ela vai ser a encargada de decirnos as consignas co que temos que traer cada día:

 LUNS
O ENTROIDO VAI COMEZAR
E A MECA IMOS IMITAR
O LUNS VASTE DISFRAZAR
POLOS PÉS TES QUE EMPEZAR.

MARTES
AGORA MANDA A MECA, 
TEMOS QUE SEGUIR COA FESTA
TRAE ALGO NA CINTURA
QUE ADORNE A TÚA FIGURA.

MÉRCORES
ISTO É MOITA FESTA
FALTA A GAITA E O BOMBO
ANTES QUE PARDIÑAS OS TRAIA
PONTE ALGO NO LOMBO...

XOVES
XA ESTAMOS REMATANDO
SÓ NOS FALTA UNHA PEZA
ASI QUE, VAITE PREPARANDO
E PON ALGO NA CABEZA.

E como é moi marchosa, por eso da marcha de Santa Comba, ven acompañada dunha canción para animarnos! Este tema será o que soará pola megafonía do colexio o próximo venres, día do desfile, para avisar da saída.


sábado, 26 de febrero de 2011

CONCURSO BIBLIORATO

Bibliorrato, que é moi curioso, quere sabelo todo sobre Santa Comba e puso en marcha un concurso no que poden participar todos os nenos e nenas do cole. 
Trátase de contestar as dúbidas que aínda ten sobre Santa Comba.
Por cada pregunta que contestedes correctamente, recibiredes un cromo para pegar nun álbum que vos darán na biblioteca.
Podedes investigar usando internet ou algúns libros que hai na biblioteca.
Aquí podedes ver o proxecto completo.


martes, 22 de febrero de 2011

NÓS RECICLAMOS

O Equipo de Dinamización da Convivencia,  que esta a traballar o tema da reciclaxe, propuxo esta moi útil actividade: realizar unha manualidade con materiais de refugallo. Mirade e admirade a creatividade dos rapaces e as familias que participaron. Parabéns a tod@s por este magnífico traballo!

lunes, 14 de febrero de 2011

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE (BAILA AO AMOR E ENAMORATE EN GALEGO)

Ola chic@s! Neste día tan especial no que todo o mundo celebra o día do amor e da amizade quero ensinarvos algúns dos bailes tan graciosos que os rapaces e rapazas de primaria prepararon coa CONTADORA DE SOÑOS no proxecto "Bailando por todo o cole, estendendo o amor polo mundo".

E... por certo. A que Susanita e eu estamos moi favorecidos neste debuxo de Nuria de 5ºC?
(Preme en cada video e despois podes amplialo)





Watch videos at Vodpod and more of my videos


E dende Dinamización Lingüística temos este marabilloso taboeiro con sms de amor en galego.

lunes, 7 de febrero de 2011

SANTA COMBA ESTÁ EN TI, DESCÚBRETE!

O encargado de Dinamización Lingüística, Fernando, é o responsable da realización deste precioso calendario do noso concello que se repartiu por todas as aulas e que permite coñecer máis a nosa comarca.

A que é unha chulada?

viernes, 4 de febrero de 2011

O AMIGO FIEL (SOMOS PAZ)

O amigo fiel é un conto no que podedes aprender a importancia de ter un gran corazón, ser xeneroso e nunca aproveitarse dos demáis. Dar e recibir sempre van unidos. Ainda que hai algúns que dan e outros que reciben sen dar nada a cambio como pasa nesta historia que che van contar os artistas de 6º B.

miércoles, 2 de febrero de 2011

2 DE FEBREIRO DÍA DA CANDELORIA!

Hoxe é o día da Candeloria, a festa na que na nosa tradición popular casan os paxariños. E eu estou moi pero que moi contento porque por fín teño unha moza. Chámase Susanita e coñecína este verán nas miñas andainas por Santa Comba, na romería de San Bartolomé en Santa Sabiña. Ahhhhh! Estou namorado! Que maneira máis bonita de comenzar o mes de febreiro, o mes de amor e da amizade!

 Mirade que libro tan bonito lle regalei para darlle a benvida a Bilioteca!