miércoles, 30 de marzo de 2011

LIPDUB IES A FONSAGRADA

Mirade e admirade o magnífico traballo dos compañeir@s do IES  Fontem Albei DA FONSAGRADA para explicar a C.D.U. (Clasificación Decimal Universal: sistema de clasificación do coñecemento que consiste en dividilo en dez grandes campos que permiten ordear e catalogar as obras nunha biblioteca). Trátase dunha especie de xogo onde o espectador debe ir identificando nas esceas os números e cores alusivos ás diferentes áreas temáticas:

0 Xeneralidades. Dicionarios. Enciclopedias. (Cor Marrón)
1 Filosofía. Psicoloxía. Ética. (Cor Azul claro)
2 Relixión (Vermello)
3 Ciencias Sociais (Laranxa)
4 Baleiro (Negro)
5 Matemáticas. Ciencias Naturais (Verde)
6 Ciencias Aplicadas. Medicina. Tecnoloxía (Cor azul oscuro)
7 Arte. Música. Deportes. Espectáculos (Cor rosa)
8 Lingüística. Literatura (Cor Amarelo)
9 Xeografía. Biografías. Historia (Cor branco)

miércoles, 23 de marzo de 2011

POESÍAS VISUAIS

REDEIRAS É UN BLOG ESPECIAL,  é un caderno de Poesía Experimental, de "redeiras" que irán texendo con imaxes, con palabras, con silencios, con complicidade...anaquiños do sentir das nosas nenas e nenos. Un Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre centros no que colaboramos este curso coas seguintes poesías visuais...


ZAPATOS POLA PAZ, DE CARMEN LODEIRO(CONTADORA DE SOÑOS) E ALUMN@S DE PRIMARIA


RECICLAMOS, EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA, INFANTIL E PRIMARIA

PRATOS, POESÍA VISUAL DE 6ºB DE PRIMARIA, PROFE FERNANDO

domingo, 20 de marzo de 2011

PROGRAMA DA TERCEIRA SEMANA DA POESÍA

Este ano adicamos a Semana da Poesía ás mulleres poetisas galegas. 

Temos previsto moitas actividades: videos recitando poesías en lugares distintos e especiais, recital poético, poemas pola megafonía, poesías visuais... Aquí está o noso programa completo. 

ANÍMATE A PARTICIPAR E CONVIRTETE NUN/NUNHA POETA! (Dinamización lingüística, Dinamización biblioteca)

jueves, 17 de marzo de 2011

CONTO NA BIBLIOTECA: O VERDE MOLA!

Mamaiña a que organizou a Contadora de Soños hoxe na biblioteca! Había leprechauns por todas partes! Como me divertin! Eu e todos os que viñeron a ver o conto titulado O VERDE MOLA! e que escenificaron na Biblioteca  os alumn@s de 6º. Presta moita atención, sobre todo á sorpresa final!


Aquí pódese ler o conto, ao chegar ao final terás a canción.(Grazas ao CEIP FRIÁNS-TEIS DE VIGO por tan fermosa canción)
E que tal se aprendes a letra da canción? HAPPY SAN PATRICK´S DAY!
O VERDE MOLA

martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Lembrades que para conmemorar o día da muller traballadora fixemos unha exposición de poesías visuais representando distintas ocupacións?


O grupo galego LUAR NA LUBRE ten una preciosa canción, titulada CENTEÁS, adicada as mulleres que traballaban na costa de Cariño e que colleron o autobús en Centeás para ir a cidade na percura dun traballo mellor. A nai do poeta, Xabier Cordal, autor da poesía que lle da nome a canción, era unha delas.












Ven, miña mai, ao cabo Ortegal,
baila na festa da ermida do Trebo.
Se vés comigo heite levar
na proa do mundo perder o medo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Se vés comigo heite levar
patria vella, norte mariñeiro.
Lava a ferida, cóntame o mar,
fala que dorme, nós espertaremos.
Volve a Centeás, escribe este orballo
Volve a Centeás, escribe este orballo.

Lava a ferida, cóntame o mar,
roupa ao clareo espiras na fonte.
Nada unha nena na luz do Peiral,
lévame a vida arribar da túa morte.
Volve a Centeás, escribe este orballo.
Volve a Centeás, escribe este orballo

Neste video podes escoitala, nunha homenaxe a todas as mulleres do mundo non só as galegas.
Imaxe da entrada LEANDRO LAMAS

sábado, 5 de marzo de 2011

ENTROIDO XALLEIRO

A CONTADORA DE SOÑOS, a miña colega de aventuras, é a encargada de presentar a festa do entroido celebrada no noso cole. Eu paseino de marabilla porque fun de paseo cos titiriteiros de sexto, xa me veredes nalgunha foto e tamén no video de momentos divertidos.

O entroido deste ano foi adicado a  terra xalleira. Vacas, corvos, espantallos, cociñeiros,troiteiros, músicos da bandafeirantes encheron o noso cole e o pobo de Santa Comba coa súa cor e sorrisos.






MOMENTOS SIMPÁTICOS

jueves, 3 de marzo de 2011

CHARLA SOBRE OS RISCOS DE INTERNET

O Axente Souto veu visitarnos a Biblioteca para dar unha charla sobre os riscos de Internet.

Quere resaltar que teñades moito coidado coas redes sociais, especialmente  FACEBOOK E TWITTER.

Os dous consellos máis importantes son:

  1. PROTEXER A INTIMIDADE
  2. NON ACEPTAR A NADIE QUE NON COÑEZADES.

miércoles, 2 de marzo de 2011

A TRADICIÓN DO BURRO

Dende Dinamización Lingüística quérese recuperar a tradición do burro no entroido.


Para eso temos un marabilloso taboeiro con moita información.


Apetéceche botarlle unha ollada?
o Burro No Entroido

martes, 1 de marzo de 2011

VISITA DE LOIS OREIRO, ESCRITOR

Hoxe tivemos unha visita fantástica! O escritor Lois Oreiro veu visitarnos a Biblioteca e sabedes? e tío de Santi de 5º C.




 Escribiu un libro sobre Santa Comba porque estaba buscando onde nacía o Río Xallas e ninguén sabía donde era exactamente. El dí que nacía no anonimato.
Contounos que temos que estar moi orguiosos de vivir en Santa Comba porque é o unico lugar de Europa que ten un río que desemboca nunha cascada.


E que foi unha terra de espias dos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial,  porque o wolframio das minas de Barilongo era moi importante.


 Que podemos ser o que queiramos ser porque ser de Santa Comba é unha
vantaxe.






E que se os mestres ensinan a pensar, ensinan a ser mellores e podemos ser máis felices.



Quedei abraiado  con esta visita tan estupenda!