viernes, 22 de abril de 2011

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s neste día especial! Espérovos na biblioteca a volta das vacacións con moita forza e cunhas ganas de ler ENORMEEEESSSS...!!!! QUE NON TE ASUSTE LER! (Preme en fullsize para ver en grande)

viernes, 15 de abril de 2011

RECITAL DE POESÍAS E VIDEO POEMAS

Quero presentarvos a uns gran artistas! De esquerda a dereita da foto: Liroy de 5ºB, Henrique de 4ºB, Sheila de 5ºA, Patricia de 6ºA, Brais de 3ºA, Nuria de 5ºC, Ana de 4ºB, Ariana de 6ºB, Alba de 5ºB, Carlos de 6ºC e Fran de 5º A. Eles remataron as actividades da III Semana da Poesía cun recital de poetisas galegas: Maria Mariño, Pura Vázquez, Estivaliz Espinosa, Margarita Ledo Andino, Marica Campo e Rosalía Castro. 

Mirade o ben que o fixeron!




Esta é a selección de poesías elexida.

Agora podedes disfrutar da estupenda montaxe que fixo o profe Fernando Pintos, encargado de Dinamización Lingüística, cos videos que os rapaces e rapazas trouxeron coas súas poesías preferidas.




GRAZAS  FERNANDO POR TAN EXCELENTE TRABALLO!


As profes e os nen@s de primeiro tamén nos queren deixar a súa aportación.




FELICES VACACIÓNS A TOD@S. EU PENSO DESCANSAR PORQUE ESTOU MOI AGOTADIÑO DE TANTO TRABALLO! MENUDA SEMANA!!!

jueves, 14 de abril de 2011

EXPOSICIÓN POESÍAS VISUAIS. III SEMANA DA POESÍA

 E máis de  poesías visuaissss!

Seguindo a proposta dos compañeir@s de REDEIRAS o Equipo de Dinamización de Biblioteca e Dinamización Lingüística propuxo a actividade de facer POESÍA VISUAL a partir dun obxecto. Xa vos presentamos algunha delas (A MUSA DA POESÍA, O MEU XARDÍN E O ALMATORIO)

Agora tócalle o turno a...

AS MUSAS DO PARNASO (Profe Fernando e alumn@s de 6º)

PERGAMINO CANTOR(Profe de música Inma)

VISITA DE ALICIA BORRÁS

Vaia visita tan estupenda tivemos na nosa Biblioteca! A escritora Alicia Borrás veu coñecernos. Os rapaces e rapazas de Sexto leron o libro "NATA Y CHOCOLATE" e tiñan moitas ganas de vela en persoa. 


O libro conta a historia de Sonia, unha rapaza albina que non é aceptada polos compañeiros da escola. As ilustracións son de Anuska Allepuz




Encantadora, magnífica e excelente escritora. Moitas grazas Alicia!

Alicia Borrás Sanjurjo traballa como actriz de televisión e de dobraxe. Ademais, imparte clases de interpretación e talleres de teatro para mozos e adultos. Vive rodeada de nenos, aos que di entender mellor que aos adultos, e sérvenlle de inspiración para as súas novelas. (Ficha de autor - Anaya)

miércoles, 13 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS

Os días 7 e 8 de abril tiveron lugar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, no Palacio de Congresos de Santiago, para afondar no modelo da biblioteca escolar como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe. Os Encontros tiveron os seguintes relatores: Mónica Baró, José Antonio Cordóns, Luis Miguel Cencerrado, Tereisa Mañá, Xosé Neira Vilas...


Victoria, a nosa encargada da Biblioteca, dixo que fora unha experiencia moi, moi interesante.

Para máis información en BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


martes, 12 de abril de 2011

UNHA ESCRITORA, UNHA MENSAXE, UN LIBRO, UN POEMA... E O ARCO DA VELLA

A mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil ÁNXELA GRACIÁN, con data 30 de marzo, deixou unha mensaxe no blog da CONTADORA DE SOÑOS. Aquí a tes:

A tod@s lles encantou  este conto no que un Dragón Arco da vella se namora dunha pinga de choiva. Os alumn@s de 2º B fixeron uns debuxos preciosos.

Queremos decirlle a Ánxela Gracian que nos tamén temos moi bos escritores no cole. Aquí está Liroy de 5ºB que nos presenta o seu poema "O ARCO DA VELLA" . Escoita ben a este artista!


Por suposto este libro está na nosa BIBLIOTECA! Ven a correr por él e víveo en directo!

viernes, 8 de abril de 2011

PRIMEIRAS POESÍAS VISUAIS NA SEMANA DA POESÍA



Que veño, veño cargadiño de poesías.....!


Empezamos pola Contadora de Soños! Na parede do pasillo de terceiro ciclo os alumnos de sexto pintaron unha  poesía visual titulada "A MUSA DA POESÍA". 



Xa ves que fermosa quedou, o radiador é a boca, cuns beizos vermellos e uns dentes enormes!







A segunda parede do colexio, que se decorou con poesía visual, é a que está no pasillo de primeiro ciclo. En colaboración coas profes de segundo creouse esta  poesía visual titulada "O meu xardín" que xira en torno ao radiador, empregado para facer unha casiña rodeada de elementos primaverais.
Este é resultado!<




Tamén o profe FERNANDO e os  alumn@s de sexto B quixeron facer poesía visual adornando  o armario da súa aula. Lugar de refuxio, lectura, reunións... Aquí tedes a súa poesía ALMATORIO.



VAIA ARTISTAS QUE TEMOS NO COLEXIO! 
QUE SORTE TEMOS!

sábado, 2 de abril de 2011

PREMIOS CONCURSO BIBLIORRATO


Este venres reunímonos na Biblioteca para repartir os agasallos a aqueles alumn@s que participaron no CONCURSO BIBLIORRATO, APRENDENDO SOBRE SANTA COMBA.
Todos os que participaron marcharon moi contentos. E sabedes o que lle regalamos?

Pois un libro e unha regla moi especial. Unha regla  coa  imaxe deste blog e as frases finais do noso rap do libro. 

Que vos parece? A que é fantástica?





 

viernes, 1 de abril de 2011

COOPERACIÓN-MÚSICA-ACCIÓN

Menudo concerto tivemos no ximnasio! Cinco compoñentes do Conservatorio Histórico de Santiago, dentro do programa patrocinado pola Xunta de Galicia, que percorreron xa 70 colexios de toda Galicia e chegaron a 6.000 escolares, estiveron con nós.

Aprendemos valores como a cooperación, respecto, tolerancia, esforzo, responsabilidade, compartir...a través dun debate primeiro, e de varias representacións despois.

Mirade que atentos estivemos!


Este é o conto dos HERMANOS GRIMM, que estes artistas escenificaron: "OS MÚSICOS DE BREMEN".


E por se che apetece xogar coa música e aprender moito, moito... PREME NA IMAXE E INVESTIGA TODO O QUE POIDAS!