lunes, 30 de mayo de 2011

CONTOS POPULARES DOS XITANOS ESPAÑOIS

Javier Asensio García é un foklorista que se adica a recoller contos e relatos orales en España e reunilos nun libro. A súa especialidade son os contos dos xitanos.

No ano 2009 contactou con CARMEN LODEIRO, CONTADORA DE SOÑOS, a través do seu blog para que o axudara nesta tarefa. Mandou unha enquisa que cubriron os rapaces de etnia xitana, alumnos do noso colexio, que se lle devolveu ben cuberta e tamén se lle enviaron dous contos

Agora acaba de publicar o seu libro "CUENTOS POPULARES DE LOS GITANOS ESPAÑOLES" no que aparece, na páxina 257,  o conto recollido por GUILLERMO e JENNIFER IGLESIAS HERNÁNDEZ titulado "El burro hambriento"


"Dos gitanos querían comprar un burro cada uno, y como no les llegaba el dinero para comprar dos, decidieron juntar el dinero, comprar uno y repartirlo entre ambos.

De esta manera se turnaban en el uso del burro. Primero lo tenía uno, y cuando llegaba la hora de darle de comer le decía:

- Que te dé el otro amo.

Después el otro, y cuando llegaba la hora de darle de comer le decía:

- Que te dé tu otro amo.

El pobre burro se quedaba siempre sin comer. Así que adelgazó tanto, tanto, que ya no podía trabajar, y decidieron venderlo a un circo, que entonces los dueños de los circos compraban animales enfermos para alimento de las fieras. El burro, nada más soltarlo en la jaula, se zampó a un léon del hambre que tenía.

  
A Contadora de Soños xa ten o seu exemplar firmado e adicado polo autor, canto apostades a que o trae para a BIBLIOTECA?

sábado, 28 de mayo de 2011

RESULTADO DO 27M

Gustaríame compartir con tod@s algunha das experiencias da convocatoria do ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

No noso cole: CONTACONTOS coa historia SIRA E O PAXARO NEGRO e cometas ao vento con mensaxes mentras as nosas dúas Lauras de 5º cantaban MUÑECAS DE TRAPO.(Podes ver máis no blog da CONTADORA DE SOÑOS)



GLOBOS CHEOS DE DESEXOS DE OPORTUNIDADES DENDE TRAGAPALABRAS
(BLOG DO 1ºCICLO DE PRIMARIA  da Sagrada Familia de Madrid)



IES GUILLEN COLOM CASASNOVAS DE SOLLER




CEIP NTRA SRA DEL CARMEN, MURCIA


QUE PASADAAAA!

miércoles, 25 de mayo de 2011

O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS

Este ano a CAMPAÑA MUNDIAL DE EDUCACIÓN trata o tema das nenas e a súa discriminación a hora de acceder a uns estudos. Por múltiples causas, en distintas culturas, négaselles unha educación.

O día 27 de maio as 10 e media hora peninsular hai unha actividade proposta : O IDIOMA NO AIRE POLAS NENAS/O ESPAÑOL NO AIRE POLAS NENAS.

Consiste en soltar globos de papel con contos e mensaxes todos xuntos a mesma hora. Nós, por motivos de seguridade, empregaremos cometas.

PARTICIPA, ESCRIBE A TÚA HISTORIA E QUE A LEVE O VENTO
COMETA



Esta mensaxe, interpretada por Laura G. e Laura C. de 5º B, será a que, o venres 27 de maio as 10:30, surcará os ceos dende o noso cole. (Se premes en mensaxe irás ao blog da CONTADORA DE SOÑOS e terás máis información)

Que alguén o escoite. Que o mundo cambie.

CONTADORA DE SOÑOS

martes, 24 de mayo de 2011

VISIÓN ARTÍSTICA DUNHA POESÍA DE LOIS PEREIRO

O profe Fernando de 6ºB traballou, co seu grupo de alumnos e alumnas, unha fermosa poesía de Lois Pereiro que fala da enfermidade.

Cada alumn@ tiña que dar a súa visión desta poesía explicandoa dunha maneira artística. Mira o resultado!

sábado, 21 de mayo de 2011

SEMANA CULTURAL

Estes días, co motivo da festividade das LETRAS GALEGAS, tivemos a Semana Cultural.

O mércores partido de baloncesto e futbito entre os alumn@s de sexto de primaria e os profes.














A profe Inma tamén entregou os premios do concurso de Galeoke.
O xoves visita dun cesteiro
e dun canteiro.
E o venres os oleiros de Buño.


domingo, 15 de mayo de 2011

PARTICIPAMOS NO BLOG COLECTIVO "DÍA DO LIBRO 2011"



O compañeiro DOMINGO MÉNDEZ, do Colegio Jaime Balmes de Cieza (Murcia) invitou a profe CARMEN LODEIRO (CONTADORA DE SOÑOS) a participar nun blog colectivo para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2011. (Se premes na imaxe de arriba podes acceder a este blog)

A CONTADORA DE SOÑOS presentou un traballo sobre O CINE NO ENSINO, en concreto sobre  a película "O SEGREDO DE KELLS", de producción irlandesa e nominada aos Premios Oscar 2010 dentro da categoría de animación.

A película, ambientada no século IX, conta as aventuras dun rapaz que habita na Abadía de Kells no momento en que se está a iluminar o Libro de Kells.

Estas son as actividades para primaria propostas despois de visionar a película na aula.
Actividades Para Primaria Libro de Kells

Tamén se aportou un xogo de elaboración propia, do que temos unha copia na Biblioteca, chamado O TRISKELE DE KELLS. Aquí tedes o taboeiro, as normas, e as tarxetas de probas e preguntas.
Xogo Do Triskele de Kells



sábado, 14 de mayo de 2011

VIDEO-MONTAXE DE LOIS PEREIRO

Dende o CPI VIANO PEQUENO de Trazo ven esta preciosa montaxe sobre a vida e obra de Lois Pereiro, o autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.



(Voces: alumn@s de 6 de Primaria. Montaxe: JOSE RAMÓN REY FIGUEIRA)


Grazas compañeir@s por compartir con nós este excelente traballo!

miércoles, 11 de mayo de 2011

VISITA DO ESCRITOR ANTONIO REIGOSA

O escritor Antonio Reigosa veu de visita a nosa Biblioteca invitado polos alumnos de 5º curso que o querían coñecer. Estes rapaces e rapazas leron o seu libro "A NOITE DOS PESADELOS".

Lendas de seres máxicos galegos como os nubeiros, trasnos... Historias de cóbregas, lobos... todo aquelo que pode espertar o noso medo e inundar os nosos pesadelos está analizado neste libro a través de cinco historias que os rapaces e rapazas de 5º quixeron presentar nunhas ilustracións que máis tarde firmou con todo o cariño.



domingo, 1 de mayo de 2011

MAIO, O MES DAS LETRAS GALEGAS

Estreamos o mes das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio e este ano adícase ao poeta LOIS PEREIRO.

Neste poster dixital do compañeiro  Román Cerqueiro Landín do IES de Porto do Son podes coñecer moito sobre este autor.
Preme AQUÍ para velo en grande.



E agora nestas actividades lim propostas polo CEIP Frian podes aprender tamén xogando. (Preme no cadrado para pantalla completa)