viernes, 24 de junio de 2011

MISTERIO NA EXCURSIÓN DE 5º


Ei rapaces! O outro día fun de excursión cos nenos e nenas de 5º seguindo  o curso do río Xallas, e mirade que ben o pasamos!



Pero, cando íamos no catamarán pola ría de Muros-Noia, acheguéime tanto para ver a auga do mar que caín. Mamaíña, que medo!
Como nas vellas lendas, oín cantos de sereas, pero, todos eran moi tristes! porque estaban asustadas por todos os problemas de contaminación e escasez que afectan directamente ao seu medio de vida. E o peor é que... nos afectan a nós!.  

Teño que contárllelo aos nenos!

jueves, 23 de junio de 2011

DESPEDIDA CON PESDELÁN

Que ben o pasei o mércores vendo a todos os nenos e nenas do colexio cantar e bailar no patio coa música do grupo PESDELÁN





E que ben bailaron os nenos e nenas de 6º que deste modo despedíanse do cole onde estiveron nos últimos 9 anos, para ir ao seu novo destino O INSTITUTO.
Vounos botar moito en falta para o curso que ven!

Estas fotos son o proba de todo o que vos conto.
(Pon en marcha a música)




Pesdelán on PhotoPeach

Pesdelán II on PhotoPeach






domingo, 12 de junio de 2011

O LARETEIRO DO XALLAS (REVISTA ESCOLAR)

Que contento estou! Despois de moitos traballos  por fin temos aquí a nosa revista deste ano.

Para vela mellor tedes que premer no cadrado e logo darlle a lupa para ampliar ao pasalas páxinas e se moves a roda do rato ampliarás moito máis.




Grazas a tod@s os que contribuiron a que esto fora posible  coa súa ilusión e esforzo. Especialmente grazas a Fernando, coordinador de Dinamización Lingüística,  polas horas invertidas na montaxe e elaboración.

martes, 7 de junio de 2011

CONTOS DA MUSA DA POESÍA.

Hoxe quero presentar este conto "O SEGREDO DA ILLA DE SAN BORONDÓN" que a Contadora de Soños preparou coa axuda de alumnas de 6º A que se encargaron das ilustracións. 

Unha historia fermosa donde a protagonista é a Musa da Poesía.




E sabedes? A partir de esta historia xurdiu a idea de facer un conto encadenado. Os primeiros que empezaron foron os alumn@s de 3ºA, continuou 2º A, 2º B e 4ºA doulle o toque final. 

Aquí está a súa historia titulada: "AVENTURAS NA ILLA DE SAN BORONDÓN"; donde fantasía, creatividade, imaxinación, ilusión, traballo en equipo... uníronse para lograr un relato feito por nen@s e para nen@s de todas as edades.(Preme no cadrado para ampliar)

domingo, 5 de junio de 2011

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Este ano o día mundial do medio ambiente adícase aos bosques. Se premes na imaxe poderás acceder a unha guía de libros sobre bosques.
Agora sen moverte do sitio podes dar un paseo polo bosque. (Preme na imaxe e alucina!)
E lembra, coida e respeta o planeta. Lembra que O VERDE MOLA!