miércoles, 26 de octubre de 2011

SANTA COMBA E O BARRIÉ EN INGLÉS

Ola de novo! Esta rapariga  que vedes á dereita chámase SARAH KIMBALL e ven de DAKOTA DO SUR, USA. Ela é a auxiliar de conversa deste curso.

Como o Equipo da Biblioteca quere colaborar co equipo de Lingua Inglesa no Proxecto de Inmersión Lingüística preparamos esta presentación da nosa zona, narrada por Sarah.

Xa veredes que sorpresa se levan os outros coles e profes de inglés na convivencia en LLANES-ASTURIAS, durante a semana do 23 ao 29 de outubro. Alá están 25 alumn@s de sexto de primaria do noso cole coa profe CARMEN ESPASANDIN.

jueves, 20 de octubre de 2011

UNHA BIBLIOTECA VIRTUAL MOI ESPECIAL

Hoxe quero presentarvos o baúl do meu amigo SHELLYCOAT. Xa sabedes que colecciona cunchiñas e buguinas de todo o mundo con contos relacionados coa auga. Mirade que chulo é!


Estes contos están presentados por un abecedario moi especial. Queres descubrilo?


E para rematar o máis importante. Aquí tes a colección de contos do SHELLYCOAT, unha biblioteca virtual en GOOGLE MAPS no que percorrerás o mundo aprendendo moito. En total son 130 CONTOS: NARRADOS, EN VIDEO, CURTAS, CANCIÓNS... relacionados coa auga e os seus estados. Deles 35 son propios do noso colexio O CEIP BARRIÉ DE LA MAZA.

Imos poñelo debaixo da cabeceira do blog para que cando accedas a él o teñas a man e poidas viaxar a donde ti queiras. (navega coas frechas de arriba para abaixo e preme nos puntos de cores para abrir o video correspondente ao conto)

Ver OS CONTOS DO SHELLYCOAT en un mapa más grande

GRAZAS ESPECIAIS AO ARTISTA JORGE MORAIS VALLE, AUTOR DA CURTA "O PINTOR DE CEOS", QUE NOS MANDOU TODO O MATERIAL DO SEU TRABALLO E DOU O SEU PERMISO PARA QUE POIDESE FORMAR PARTE DESTE PROXECTO.

domingo, 16 de octubre de 2011

A CHAMADA DO OCÉANO

BAIXO O MAR

Que chulada! A nosa Bibloteca estase a transformar nun marabilloso mundo baixo o mar onde viviremos miles de magníficas aventuras! O meu amigo o Shellycoat quere que prestes moita atención a este fermoso conto que che quere contar titulado: "A CHAMADA DO OCÉANO". Xa verás todo o que aprendes sobre a temática da auga.


Que nervios! Temos que romper un feitizo! Que misión máis importante! E esto é só o comezo!

jueves, 13 de octubre de 2011

O MEU AMIGO O SHELLYCOAT

Hoxe quero presentarvos a un amigo moi especial que fixen nas miñas correrías polo mar.

Chámase SHELLYCOAT e é un ser das augas escocesas, ao que lle encanta coleccionar cunchiñas e buguinas de todo o mundo cunha chea de contos coa temática da auga. 

Agora está na aula da CONTADORA DE SOÑOS e moitos de vós xa o coñecedes. 

Este ser é moi divertido e, como lle gusta moito cantar, preparounos unha canción na que fixo moitísimas trastadas. Serás capaz de atopalas?




Que gañas teño de que me conte algún dos seus contos!

lunes, 3 de octubre de 2011

BENVIDOS A BIBLIOTECA!

Ola amiguiñ@s! Benvidos de novo a nosa Biblioteca que hoxe abre as súas portas e na que vos agardan moitas sorpresas!

Eu este verán andiven polo fondo do mar e fixen unha chea de amigos que virán contarnos moitas  historias.

Mirade que ben o pasei con eles!

Ata logo!
bibliorrato