martes, 18 de diciembre de 2012

LECTURAS PARA O NADAL

Coma todos os anos, coa chegada do Nadal deíxovos aquí a  Guía de lecturas recomendadas. Nela podedes atopar libros interesantes para pedir aos Reis Magos, a Papá Noël ou ao Apalpador. 

Lembrade que un libro é sempre un bo agasallo.

jueves, 13 de diciembre de 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN, CONTO NA HORA DE LER

Esta é a historia dunha colaboración entre os alumn@s de 2º B e os alumn@s de 4º A. 2º B ilustrou o conto de DOLORES ESPINOSA e 4º A puxo as voces. Deste xeito na hora de ler un gran libro máxico, coa historia do dragón Agamenón, vai voando polo colexio ata aterrar nunha aula. 

De momento 3º B, aula de Infantil 4 anos A, 4º C e 1º A foron os afortunados. Pero para o resto aquí  podedes disfrutar deste conto onde un dragón que odia as festas, especialmente o Nadal, acaba envolto nunha maxia especial que ata vós chegará.

sábado, 8 de diciembre de 2012

RECURSOS PARA NADAL


ACHÉGASE O NADAL!!

Como vexo que en todas as aulas xa estades traballando co Nadal, aquí vos deixo o enlace a coordinadora galega de ANDL que recolle unha morea de recursos.





jueves, 6 de diciembre de 2012

UN BELÉN MÁXICO

Din que cada ano o neno Xesús elixe un lugar distinto onde nacer. Este ano elixiu a casa do MAGO DA LUZ. Que onde queda iso? Pois... En na cidade de FANTASÍA ANIMADA, un lugar máxico habitado por uns magos e magas especiais que queren ensinar aos nenos a manterner viva a ilusión dun mundo mellor.

Así que o Mago das Palabras Amables, o Mago da Sabedoría, a Maga da Ilusión, o Mago da Alegría, o Mago do Amor, a Maga da Imaxinación, a Maga da Vida, o Mago da Luz... arroupan, co seu canto ao neno Xesús, mentres non ensinan que o Nadal debemos de facelo todos os días. Cando nos queremos, cando compartimos, cando repartimos abrazos, sorrisos, cando facemos ben as cousas, cando dicimos a verdade, cando non nos enfadamos, cando xogamos xuntos, cando sabemos perdoar, cando axudamos na casa... FACEMOS O NADAL!

Parabéns aos alumnos e alumnas de 4º de Primaria e 6º de Primaria por este estupendo traballo!

jueves, 29 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O ESPELLO DO BOSQUE ENCANTADO"

Os espellos teñen un misterio, gardan segredos, pero... e se te atopas con un que che axuda a quererte (autoestima) e que che mostra o camiño da felicidade? Eso é o que pasa  neste conto que transcorre nun  bosque encantado. Aquí hai que andar con precaución porque miles de corazóns necesitan quererse, aceptarse, respetarse e comprender que "VALEMOS POLO QUE SOMOS". Será o teu un deles?

miércoles, 21 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BILIOTECA "A TERRA ESTÁ EMBRUXADA"

 A que liou o grupo de 6º A para poder romper un maleficio que tiña á Terra, o noso planeta, totalmente abatida e enferma! 
Comprobade vos mesmos o que vos estou a decir...

sábado, 17 de noviembre de 2012

A terra, o noso planeta... fermoso verdade?





 Se queres coidalo, respetalo, amalo...  Ven ao contacontos na nosa Biblioteca o luns 19 de novembro "A terra está embruxada"! Todos somos necesarios para romper un maleficio e poder facer da nosa casa un lugar máis habitable!  Non permitas que se quede, para sempre, como nesta imaxe!

jueves, 15 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

Que ben o pasamos este luns na biblioteca!!!
Esta vez foron os alumn@s de 6º B os que representaron, no teatro de sombras, o conto titulado "A bruxa, o mago e o superfeitizo".   
Parabéns a todos os artistas que participaron nesta nova aventura.

lunes, 12 de noviembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

POR FIN!!!  Xa están aquí!!

Un ano máis, as Mochilas Viaxeiras, saen da biblioteca cara as vosas casas cargadas de boas lecturas e películas para compartir en familia. 
Cada semana chegará a unha casa  e espero que fagades comentarios ou aportedes ideas nos cadernos que van nelas. 
Confío en que disfrutedes moito deses momentos de lectura compartida.



martes, 6 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: O MAGO DAS PALABRAS AMABLES

Ei rapaces! Que ben o pasamos onte na sesión de contancontos da biblioteca presentada polos alumn@s de 6º A! E vaia pasada de conto empregando o recurso de teatro de sombras! 

Parabéns a todos os que fixeron que esto fora posible!

domingo, 28 de octubre de 2012

FANTASÍA ANIMADA!

A nosa biblioteca está a engalanarse para as sesións de contacontos do mes de Novembro. Mirade que entrada tan bonita! 
 Este é o programa!

E o mellor para o final! Aquí tedes o vídeo de presentación destas sesións de contacontos a cargo dos alumn@s de 6º! 
FANTASÍA ANIMADA!

Vía Contadora de Soños

lunes, 22 de octubre de 2012

ESPECIAL MAXIA

Hai varias noites máxicas no ano: San Xoán, Noiteboa, Reis, Samaín... A máis próxima é a de SAMAÍN, do 31 de outubro ao 1 de novembro. 

Na BIBLIOTECA teremos varias sesións de contacontos, ao longo do mes de novembro, que están a preparar na aula da CONTADORA DE SOÑOS os alumn@s de 6º.  Uns contos máxicos  e así celebrar todos xuntos esta festa especial. 

Para abrir boca, aquí tedes un poster dixital onde podedes aprender moito sobre o mundo da maxia e os magos. Tamén  aparecen dúas personaxes: LADY MAGIC e O GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO; parte moi importante das sorpresas que vos agardan.

ALAKAZIN, ALAKAZAN!!!!

miércoles, 12 de septiembre de 2012

UNHA MÁXICA BENVIDA CON POESÍA, MÚSICA E MAXIA


Ola rapaces e rapazas!!! Estou encantado de que comece o cole. Teño unha cheiña de aventuras que contarvos. Por exemplo que visitando ao mago Merlín fixen unha chea de amigos que pouco a pouco iredes coñecendo. Algún xa asomou o nariz pola clase da  CONTADORA DE SOÑOS! Xa lle dixen que pronto tiña que vir con nós a Biblioteca. 

Hoxe quero contarvos que para empezar para empezar tivemos a visita dun estupendo mago,  o  MAGO MARTÍN CAMIÑA, que cos músicos do grupo FUNKATRO animaron o primeiro día de cole co seu espectáculo "POESÍA, MÚSICA E MAXIA"

Queredes botarlle unha ollada e ver a súa maxia?

martes, 26 de junio de 2012

O LARETEIRO DO XALLAS

Pechamos este curso escolar coa nosa revista "O LARETEIRO DO XALLAS". Boas lecturas a todos e moi bo verán. Eu vou co meu amigo o MAGO MERLÍN, A DAMA DO LAGO e  O SHELLYCOAT no barco dos bruxos de MAKELENA a percorrer o mundo na procura de novas aventuras para vivir con vós o curso que ven.

jueves, 21 de junio de 2012

E TI, MERCAS EN GALEGO?

Fernando de Dinamización Linguïstica organizou un concurso de carteis para animar a mercar en galego.

 Mirade cantas propostas xurdiron!


E o deseño do cartel gañador pertence a  LARA MIRANDA GESTO 5º A

Editouno a ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA e se distribúe por todos os comercios do pobo.


miércoles, 13 de junio de 2012

USOS DA AUGA NA NOSA CULTURA

Para rematar o curso presentamos o traballo realizado polos alumn@s de 6ºC sobre os usos da auga na nosa cultura e que o mércores na hora de ler expuxeron ao resto dos grupos de 6º. 

Información e imaxes obtidas a través de enquisas a familiares e veciños así como en Internet.

Parabéns rapaces!

martes, 15 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE PARA 2º E 3º CICLO

Ei rapaces! Hoxe déixovos ese vídeo que preparamos na Bibliteca, coa axuda da CONTADORA DE SOÑOS, para segundo e terceiro ciclo de primaria sobre VALENTÍN PAZ ANDRADE.
E agora poñede en práctica os vosos coñecementos. Premede na imaxe e adianteeee!

domingo, 6 de mayo de 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMEIRO CICLO

Sabedes? O próximo xoves os alumn@s de Educación Infantil virán visitarme á biblioteca na hora de ler.

A miña colega a CONTADORA DE SOÑOS presentará a curta titulada TELECLINC que rodaron os alumnos de 6º C.


Ao final como agasallo van levar un DVD, coa historia de VALENTÍN PAZ ANDRADE, especialmente para Educación Infantil. Xa veredes que sopresa levarán!

lunes, 23 de abril de 2012

FELIZ DÍA DO LIBRO LIBERADO, COMPARTIDO E RAPEADO!

Que che parece compartir ou regalar un libro?

Esto foi o que estivemos a facer estes días coa campaña LIBERA UN LIBRO (BOOK CROSSING) para conmemorar O DÍA DO LIBRO (23 de abril) e na que cada ciclo tiña o seu punto para facelo.E nós, neste blog, queremos aportar  algo moi especial...unha historia, unha colaboración, uns sentimentos..
 José Lodeiro Gesto, profesor de música e escritor afeccionado, comparte a súa historia titulada "AQUELES ANOS", JHARECK (Iago Rey) comparte a letra desta historia adaptada a rap e a súa voz e os alumn@s de 6ºB comparten as súas ilustracións.
Felíz día do libro liberado,compartido e rapeado!
VÍA CONTADORA DE SOÑOS

martes, 17 de abril de 2012

REFORÉSTATE CON VOZ NATURA

Ole e Ole! Que teño FACEBOOK! e así ser amigo de CARMEN LODEIRO, CONTADORA DE SOÑOS, profesora do noso colexio que se presenta ao concurso de vídeos de VOZ NATURA "Reforéstate"

Paseando por un bosque encantado a fantasía e imaxinación don nen@s conta a beleza dun mundo con árbores e natureza e pasando por todas as estacións do ano. Co lema: NON PERMITAS QUE O BOSQUE ESTÉA SÓ NA NOSA IMAXINACIÓN. REFORÉSTATE!


Para aopiar a este vídeo temos que ter o maior número posible de amigos no FACEBOOK de Carmen Lodeiro  así que...

SE ERES USUARIO DE FACEBOOK...
FAITE AMIGO PARA PODER APOIAR O NOSO VIDEO NO CONCURSO "REFORÉSTATE DE VOZ NATURA"


Carmen Lodeiro

Crea tu insignia

domingo, 15 de abril de 2012

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE CURTAS OLLOBOI


O grupo Marearte organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi.

Nós participamos con dúas curtas:

A presentada polos alumn@s de 5º A e o seu profesor FERNANDO PINTOS, titulada FELICIDADE (nº28)

 


E a curta sobre o libro MATAPITOS.COM de Glória Sánchez, Editorial Xerais, dos alumn@s de 6ºB e a súa profesora CARMEN LODEIRO (CONTADORA DE SOÑOS) (nº 25)


O plazo para votar é dende o 26 de maio ata o 7 de xuño a través da páxina de OLLOBOI. (Premendo na imaxe de arriba podes acceder a ela).

martes, 10 de abril de 2012

LIBERAR UN LIBRO-BOOKCROSSING

O vindeiro 23 de Abril celebrarase "O Día do Libro" polo que, dende a Biblioteca, invitámosvos a tod@s para que participedes na "liberación" dun libro.
1º- Seleccionade, coa axuda da vosa familia, un libro e traédeo ao colexio.
2º- Colocádeo así

1º Ciclo.... Na casiña do bosque

2º Ciclo... Ao carón da cortiza

3º Ciclo... O lado do ascensor
3º.- Observade se o Bibliorato mandou alguén para buscalo. Vós podedes levar tamén un libro que vos interese.

( Data de inicio da actividade: 10 de abril)


jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA e non podemos pasar por alto esta data xa que o noso proxecto, precisamente, xira en torno a este elemento.

Déixovos un video no que se relaciona a auga cos alimentos, o gasto na súa elaboración, e tamén unha chamada sobre o desperdicio de comida, gasto tamén innecesario deste preciado elemento.

martes, 20 de marzo de 2012

VIDEO DA IV SEMANA DA POESÍA

Tal como vos prometín aquí está o video da nosa IV SEMANA DA POESÍA. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen en vivo e en directo!

jueves, 15 de marzo de 2012

IV SEMANA DA POESÍA

Carai! Vaia semana chea de poesía que tivemos na Biblioteca na hora da lectura. Fernando, o encargado de Dinamización Lingüística, en colaboración coa profesora de música Inma presentou un traballo fermoso cheo de música e palabras fermosas pola paz. 


A dereita tedes o cartel que anuncia o evento e abaixo quédavos o programa.

E, mentras andamos a preparar o video desta actuación, aquí vos deixo unhas fotos para que vaias facendo boca!
POESÍAS POLA PAZ on PhotoPeach

jueves, 8 de marzo de 2012

O DIA DA MULLER!

Ola chic@s! No cole elaboramos este mural, entre todos os alumn@s de Primaria, para esta conmemorar esta data e no que se puxo esta fermosa cita: 

CANDO NEVA, CADA COPO DE NEVE QUE CAE É O SUSPIRO DUNHA MULLER A QUE OFENDEN NALGÚN LUGAR DO MUNDO. TODOS OS SUSPIROS SUBEN AO CEO, FORMAN NUBES E LOGO DESFANSE EN TROZOS DIMINUTOS QUE CAEN SILENCIOSAMENTE SOBRE AS PERSOAS. "PARA LEMBRAR CANTO SOFREN AS MULLERES"(Mil soles espléndidos" KHALED HOSSEINI)

Premendo na imaxe accedes a un xogo educativo sobre as mulleres.


VIA CONTADORA DE SOÑOS

domingo, 4 de marzo de 2012

UNHA HORA DE "LER" ESPECIAL

O pasado xoves os alumn@s de Educación Infantil estiveron  na biblioteca visionando unha curtametraxe rodada polos alumn@s de 6º B e a CONTADORA DE SOÑOS.

Esta curta titulada UNHA BRUXA EN INTERNET é unha adaptación libre do libro MATAPITOS.COM de GLORIA SÁNCHEZ, Editorial Xerais. Gustoulles tanto que estiveron moi, moi atentos e non querían marchar. 

Con esta versión moderna de "Brancaneves e os sete ananos" queremos dar a  nosa homenaxe particular aos Irmáns Grimm no seu Bicentenario. Por certo... sabíades que os Irmáns Grimm para escribir este conto inspiráronse nun relato de SHAKESPEARE titulado "AS YOU LIKE IT?" "COMO GUSTEIS?". 
 

martes, 28 de febrero de 2012

LOVE SPOON

Co motivo do día da AMIZADE os alumn@s de Primaria elaboraron personaxes con mensaxes especiais. O material empregado foron unha culleres. Para saber a súa historia podedes acceder ao blog da CONTADORA DE SOÑOS.

E finalmente, este é o fermoso resultado.


domingo, 19 de febrero de 2012

XOVES DE COMADRES

Ola de novo! Estes son algúns rapaces coas súas COMADRES o Xoves pasado no recreo

Que cara de felicidade que teñen! A que sí? Pero logo chegou o momento de ser perseguidos polas rapazas


E elas tamén conseguiron o seu trofeo. Que divertido o ano que ben quero máis!

jueves, 9 de febrero de 2012

XOVES DE COMPADRES

Este ano Fernando, de  DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, propuxo esta actividade tan divertida na que as rapazas levan o seu COMPADRE (un boneco de sexo masculino elaborado con diversos materias) e os rapaces intentan quitarllo. Aquí tedes unha mostra dos que se fixeron.


Logo, no recreo, xogamos a que os nenos llos quitaran as nenas...
E como vedes algún logrou o seu trofeo.
Pero as rapazas terán a súa revancha o próximo xoves: O DE COMADRES!

Grazas a todos os pais/nais que colaboraron con nós na elaboración dos bonecos. Grazas aos nenos por comportarse tan ben nesta actividade e grazas a ti, se estas a ler esto, por compartir con nós a nosa ilusión.

martes, 7 de febrero de 2012

ACRÓSTICOS POLA PAZ

Amiguiños! Tal como vos prometín aquí tedes unha selección dos acrósticos cos que adornamos os nosos corredores. Parabéns a todos os grupos que participaron neste taller de poesía en relación a paz, as accións e aos sentimentos que a promoven.


lunes, 30 de enero de 2012

O DÍA DA PAZ

Ola a tod@s neste día especial! No cole temos os pasillos cheos de palabras fermosas coas que estamos a facer uns acrósticos e poesías que moi pronto vos ensinaremos. Tamén levamos un laciño blanco ben colocadiño para conmemorar este día.

Como a paz comeza por un mesmo quero invitarche a visionar unhas curtametraxes especiais que preparou a CONTADORA DE SOÑOS cos seus alumnos de sexto de primaria:

O MAXIVIRUS, escenificado polos alumnos de 6º C e que conta a orixe dos bicos, apertas, sorrisos...




E A PANTASMA DA RISA, a cargo de 6ºA e que fala dunha pantasma moi especial que coa súa caixa da risa leva a paz ao mundo a través dunha acción moi sinxela e espontánea: SORRIR!


XA SABES REPARTE APERTAS, BICOS, E SOBRE TODO SORRÍ MOITO... SERÁS MÁIS FELIZ E REPARTIRAS PAZ ALÓ ONDE VAIAS!

domingo, 22 de enero de 2012

O NOSO CALENDARIO

Este é o noso calendario para o ano 2012, que o equipo de Dinamización Lingüística elaborou con frases sobre a temática do noso proxecto "A AUGA"e imaxes do 2º Concurso de Fotografía do noso cole tamén sobre dicha temática.

A que é unha chulada?