lunes, 30 de enero de 2012

O DÍA DA PAZ

Ola a tod@s neste día especial! No cole temos os pasillos cheos de palabras fermosas coas que estamos a facer uns acrósticos e poesías que moi pronto vos ensinaremos. Tamén levamos un laciño blanco ben colocadiño para conmemorar este día.

Como a paz comeza por un mesmo quero invitarche a visionar unhas curtametraxes especiais que preparou a CONTADORA DE SOÑOS cos seus alumnos de sexto de primaria:

O MAXIVIRUS, escenificado polos alumnos de 6º C e que conta a orixe dos bicos, apertas, sorrisos...




E A PANTASMA DA RISA, a cargo de 6ºA e que fala dunha pantasma moi especial que coa súa caixa da risa leva a paz ao mundo a través dunha acción moi sinxela e espontánea: SORRIR!


XA SABES REPARTE APERTAS, BICOS, E SOBRE TODO SORRÍ MOITO... SERÁS MÁIS FELIZ E REPARTIRAS PAZ ALÓ ONDE VAIAS!

0 comentarios:

Publicar un comentario