jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA e non podemos pasar por alto esta data xa que o noso proxecto, precisamente, xira en torno a este elemento.

Déixovos un video no que se relaciona a auga cos alimentos, o gasto na súa elaboración, e tamén unha chamada sobre o desperdicio de comida, gasto tamén innecesario deste preciado elemento.

martes, 20 de marzo de 2012

VIDEO DA IV SEMANA DA POESÍA

Tal como vos prometín aquí está o video da nosa IV SEMANA DA POESÍA. Espero que o disfrutedes tanto como eu o fixen en vivo e en directo!

jueves, 15 de marzo de 2012

IV SEMANA DA POESÍA

Carai! Vaia semana chea de poesía que tivemos na Biblioteca na hora da lectura. Fernando, o encargado de Dinamización Lingüística, en colaboración coa profesora de música Inma presentou un traballo fermoso cheo de música e palabras fermosas pola paz. 


A dereita tedes o cartel que anuncia o evento e abaixo quédavos o programa.

E, mentras andamos a preparar o video desta actuación, aquí vos deixo unhas fotos para que vaias facendo boca!
POESÍAS POLA PAZ on PhotoPeach

jueves, 8 de marzo de 2012

O DIA DA MULLER!

Ola chic@s! No cole elaboramos este mural, entre todos os alumn@s de Primaria, para esta conmemorar esta data e no que se puxo esta fermosa cita: 

CANDO NEVA, CADA COPO DE NEVE QUE CAE É O SUSPIRO DUNHA MULLER A QUE OFENDEN NALGÚN LUGAR DO MUNDO. TODOS OS SUSPIROS SUBEN AO CEO, FORMAN NUBES E LOGO DESFANSE EN TROZOS DIMINUTOS QUE CAEN SILENCIOSAMENTE SOBRE AS PERSOAS. "PARA LEMBRAR CANTO SOFREN AS MULLERES"(Mil soles espléndidos" KHALED HOSSEINI)

Premendo na imaxe accedes a un xogo educativo sobre as mulleres.


VIA CONTADORA DE SOÑOS

domingo, 4 de marzo de 2012

UNHA HORA DE "LER" ESPECIAL

O pasado xoves os alumn@s de Educación Infantil estiveron  na biblioteca visionando unha curtametraxe rodada polos alumn@s de 6º B e a CONTADORA DE SOÑOS.

Esta curta titulada UNHA BRUXA EN INTERNET é unha adaptación libre do libro MATAPITOS.COM de GLORIA SÁNCHEZ, Editorial Xerais. Gustoulles tanto que estiveron moi, moi atentos e non querían marchar. 

Con esta versión moderna de "Brancaneves e os sete ananos" queremos dar a  nosa homenaxe particular aos Irmáns Grimm no seu Bicentenario. Por certo... sabíades que os Irmáns Grimm para escribir este conto inspiráronse nun relato de SHAKESPEARE titulado "AS YOU LIKE IT?" "COMO GUSTEIS?".