lunes, 23 de abril de 2012

FELIZ DÍA DO LIBRO LIBERADO, COMPARTIDO E RAPEADO!

Que che parece compartir ou regalar un libro?

Esto foi o que estivemos a facer estes días coa campaña LIBERA UN LIBRO (BOOK CROSSING) para conmemorar O DÍA DO LIBRO (23 de abril) e na que cada ciclo tiña o seu punto para facelo.E nós, neste blog, queremos aportar  algo moi especial...unha historia, unha colaboración, uns sentimentos..
 José Lodeiro Gesto, profesor de música e escritor afeccionado, comparte a súa historia titulada "AQUELES ANOS", JHARECK (Iago Rey) comparte a letra desta historia adaptada a rap e a súa voz e os alumn@s de 6ºB comparten as súas ilustracións.
Felíz día do libro liberado,compartido e rapeado!
VÍA CONTADORA DE SOÑOS

martes, 17 de abril de 2012

REFORÉSTATE CON VOZ NATURA

Ole e Ole! Que teño FACEBOOK! e así ser amigo de CARMEN LODEIRO, CONTADORA DE SOÑOS, profesora do noso colexio que se presenta ao concurso de vídeos de VOZ NATURA "Reforéstate"

Paseando por un bosque encantado a fantasía e imaxinación don nen@s conta a beleza dun mundo con árbores e natureza e pasando por todas as estacións do ano. Co lema: NON PERMITAS QUE O BOSQUE ESTÉA SÓ NA NOSA IMAXINACIÓN. REFORÉSTATE!


Para aopiar a este vídeo temos que ter o maior número posible de amigos no FACEBOOK de Carmen Lodeiro  así que...

SE ERES USUARIO DE FACEBOOK...
FAITE AMIGO PARA PODER APOIAR O NOSO VIDEO NO CONCURSO "REFORÉSTATE DE VOZ NATURA"


Carmen Lodeiro

Crea tu insignia

domingo, 15 de abril de 2012

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE CURTAS OLLOBOI


O grupo Marearte organiza unha nova edición do Festival Audiovisual Galego OlloBoi.

Nós participamos con dúas curtas:

A presentada polos alumn@s de 5º A e o seu profesor FERNANDO PINTOS, titulada FELICIDADE (nº28)

 


E a curta sobre o libro MATAPITOS.COM de Glória Sánchez, Editorial Xerais, dos alumn@s de 6ºB e a súa profesora CARMEN LODEIRO (CONTADORA DE SOÑOS) (nº 25)


O plazo para votar é dende o 26 de maio ata o 7 de xuño a través da páxina de OLLOBOI. (Premendo na imaxe de arriba podes acceder a ela).

martes, 10 de abril de 2012

LIBERAR UN LIBRO-BOOKCROSSING

O vindeiro 23 de Abril celebrarase "O Día do Libro" polo que, dende a Biblioteca, invitámosvos a tod@s para que participedes na "liberación" dun libro.
1º- Seleccionade, coa axuda da vosa familia, un libro e traédeo ao colexio.
2º- Colocádeo así

1º Ciclo.... Na casiña do bosque

2º Ciclo... Ao carón da cortiza

3º Ciclo... O lado do ascensor
3º.- Observade se o Bibliorato mandou alguén para buscalo. Vós podedes levar tamén un libro que vos interese.

( Data de inicio da actividade: 10 de abril)