martes, 26 de junio de 2012

O LARETEIRO DO XALLAS

Pechamos este curso escolar coa nosa revista "O LARETEIRO DO XALLAS". Boas lecturas a todos e moi bo verán. Eu vou co meu amigo o MAGO MERLÍN, A DAMA DO LAGO e  O SHELLYCOAT no barco dos bruxos de MAKELENA a percorrer o mundo na procura de novas aventuras para vivir con vós o curso que ven.

jueves, 21 de junio de 2012

E TI, MERCAS EN GALEGO?

Fernando de Dinamización Linguïstica organizou un concurso de carteis para animar a mercar en galego.

 Mirade cantas propostas xurdiron!


E o deseño do cartel gañador pertence a  LARA MIRANDA GESTO 5º A

Editouno a ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA e se distribúe por todos os comercios do pobo.


miércoles, 13 de junio de 2012

USOS DA AUGA NA NOSA CULTURA

Para rematar o curso presentamos o traballo realizado polos alumn@s de 6ºC sobre os usos da auga na nosa cultura e que o mércores na hora de ler expuxeron ao resto dos grupos de 6º. 

Información e imaxes obtidas a través de enquisas a familiares e veciños así como en Internet.

Parabéns rapaces!