miércoles, 12 de septiembre de 2012

UNHA MÁXICA BENVIDA CON POESÍA, MÚSICA E MAXIA


Ola rapaces e rapazas!!! Estou encantado de que comece o cole. Teño unha cheiña de aventuras que contarvos. Por exemplo que visitando ao mago Merlín fixen unha chea de amigos que pouco a pouco iredes coñecendo. Algún xa asomou o nariz pola clase da  CONTADORA DE SOÑOS! Xa lle dixen que pronto tiña que vir con nós a Biblioteca. 

Hoxe quero contarvos que para empezar para empezar tivemos a visita dun estupendo mago,  o  MAGO MARTÍN CAMIÑA, que cos músicos do grupo FUNKATRO animaron o primeiro día de cole co seu espectáculo "POESÍA, MÚSICA E MAXIA"

Queredes botarlle unha ollada e ver a súa maxia?