lunes, 22 de octubre de 2012

ESPECIAL MAXIA

Hai varias noites máxicas no ano: San Xoán, Noiteboa, Reis, Samaín... A máis próxima é a de SAMAÍN, do 31 de outubro ao 1 de novembro. 

Na BIBLIOTECA teremos varias sesións de contacontos, ao longo do mes de novembro, que están a preparar na aula da CONTADORA DE SOÑOS os alumn@s de 6º.  Uns contos máxicos  e así celebrar todos xuntos esta festa especial. 

Para abrir boca, aquí tedes un poster dixital onde podedes aprender moito sobre o mundo da maxia e os magos. Tamén  aparecen dúas personaxes: LADY MAGIC e O GARDA DO MEDALLÓN MÁXICO; parte moi importante das sorpresas que vos agardan.

ALAKAZIN, ALAKAZAN!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario