jueves, 29 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O ESPELLO DO BOSQUE ENCANTADO"

Os espellos teñen un misterio, gardan segredos, pero... e se te atopas con un que che axuda a quererte (autoestima) e que che mostra o camiño da felicidade? Eso é o que pasa  neste conto que transcorre nun  bosque encantado. Aquí hai que andar con precaución porque miles de corazóns necesitan quererse, aceptarse, respetarse e comprender que "VALEMOS POLO QUE SOMOS". Será o teu un deles?

miércoles, 21 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BILIOTECA "A TERRA ESTÁ EMBRUXADA"

 A que liou o grupo de 6º A para poder romper un maleficio que tiña á Terra, o noso planeta, totalmente abatida e enferma! 
Comprobade vos mesmos o que vos estou a decir...

sábado, 17 de noviembre de 2012

A terra, o noso planeta... fermoso verdade?





 Se queres coidalo, respetalo, amalo...  Ven ao contacontos na nosa Biblioteca o luns 19 de novembro "A terra está embruxada"! Todos somos necesarios para romper un maleficio e poder facer da nosa casa un lugar máis habitable!  Non permitas que se quede, para sempre, como nesta imaxe!

jueves, 15 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

Que ben o pasamos este luns na biblioteca!!!
Esta vez foron os alumn@s de 6º B os que representaron, no teatro de sombras, o conto titulado "A bruxa, o mago e o superfeitizo".   
Parabéns a todos os artistas que participaron nesta nova aventura.

lunes, 12 de noviembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

POR FIN!!!  Xa están aquí!!

Un ano máis, as Mochilas Viaxeiras, saen da biblioteca cara as vosas casas cargadas de boas lecturas e películas para compartir en familia. 
Cada semana chegará a unha casa  e espero que fagades comentarios ou aportedes ideas nos cadernos que van nelas. 
Confío en que disfrutedes moito deses momentos de lectura compartida.



martes, 6 de noviembre de 2012

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA: O MAGO DAS PALABRAS AMABLES

Ei rapaces! Que ben o pasamos onte na sesión de contancontos da biblioteca presentada polos alumn@s de 6º A! E vaia pasada de conto empregando o recurso de teatro de sombras! 

Parabéns a todos os que fixeron que esto fora posible!