martes, 18 de diciembre de 2012

LECTURAS PARA O NADAL

Coma todos os anos, coa chegada do Nadal deíxovos aquí a  Guía de lecturas recomendadas. Nela podedes atopar libros interesantes para pedir aos Reis Magos, a Papá Noël ou ao Apalpador. 

Lembrade que un libro é sempre un bo agasallo.

jueves, 13 de diciembre de 2012

O DRAGÓN AGAMENÓN, CONTO NA HORA DE LER

Esta é a historia dunha colaboración entre os alumn@s de 2º B e os alumn@s de 4º A. 2º B ilustrou o conto de DOLORES ESPINOSA e 4º A puxo as voces. Deste xeito na hora de ler un gran libro máxico, coa historia do dragón Agamenón, vai voando polo colexio ata aterrar nunha aula. 

De momento 3º B, aula de Infantil 4 anos A, 4º C e 1º A foron os afortunados. Pero para o resto aquí  podedes disfrutar deste conto onde un dragón que odia as festas, especialmente o Nadal, acaba envolto nunha maxia especial que ata vós chegará.

sábado, 8 de diciembre de 2012

RECURSOS PARA NADAL


ACHÉGASE O NADAL!!

Como vexo que en todas as aulas xa estades traballando co Nadal, aquí vos deixo o enlace a coordinadora galega de ANDL que recolle unha morea de recursos.





jueves, 6 de diciembre de 2012

UN BELÉN MÁXICO

Din que cada ano o neno Xesús elixe un lugar distinto onde nacer. Este ano elixiu a casa do MAGO DA LUZ. Que onde queda iso? Pois... En na cidade de FANTASÍA ANIMADA, un lugar máxico habitado por uns magos e magas especiais que queren ensinar aos nenos a manterner viva a ilusión dun mundo mellor.

Así que o Mago das Palabras Amables, o Mago da Sabedoría, a Maga da Ilusión, o Mago da Alegría, o Mago do Amor, a Maga da Imaxinación, a Maga da Vida, o Mago da Luz... arroupan, co seu canto ao neno Xesús, mentres non ensinan que o Nadal debemos de facelo todos os días. Cando nos queremos, cando compartimos, cando repartimos abrazos, sorrisos, cando facemos ben as cousas, cando dicimos a verdade, cando non nos enfadamos, cando xogamos xuntos, cando sabemos perdoar, cando axudamos na casa... FACEMOS O NADAL!

Parabéns aos alumnos e alumnas de 4º de Primaria e 6º de Primaria por este estupendo traballo!