viernes, 20 de diciembre de 2013

NAIS CONTACONTOS NA BIBLIOTECA (DECEMBRO) E GUÍA DE NADAL 2013

Para rematar o mes de decembro presentamos a dúas estupendas mamás que viñeron contarnos contos á biblioteca. "Os tres porquiños" e "Tarta de Fresa" foron os contos que elixiron e, a verdade, é que os disfrutamos moito.
E para despedirnos de vós ata o próximo trimestre aquí tedes a guía coas lecturas recomendadas para este Nadal. Porque... xa se sabe...

 LER É O TEU TESOURO!
FELIZ NADAL! FELICES LECTURAS!

jueves, 19 de diciembre de 2013

PREMIOS ADISCO DECEMBRO

Os mellores reporteiros do mundo e uns esforzados correctores de erratas axudaron a resolver o enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos) do mes de Decembro, ADISCO E O CASO DO XORNALISTA DESAPARECIDO. Mirade que contentos quedaron cos seus agasallos! Unha vez máis grazas a "Las telitas de Teresa"  de Negreira pola súa colaboración.

REPORTEIROS: Álvaro (2ºa), Sara (2ºB), Aroa, Sebas e Fabián (3ºA), Flavián, Miguel, Lucia, Desi, Nuria e Patricia (6ºB).
CORRECTORES: Ariadna (2ºA), Raquel e Paula (6ºB)


lunes, 16 de diciembre de 2013

TEATRO NA BIBLIOTECA "IMOS NENOS A BELÉN"

Vaia actuación tan estupenda a dos alumn@s de 6º A
na biblioteca! 

A verdade é que arrancaron moitos sorrisos coa obra "Imos nenos a Belén". 

Mirade atentamente o vídeo para comprobalo.





E agora, apetéceche cantar a canción da obra coa mensaxe especial de Nadal?

VÍA CONTADORA DE SOÑOS

martes, 10 de diciembre de 2013

O XORNAL DA BIBLIOTECA

Este mes temos un número especial do noso xornal
BIBLIORRATONEWS adicado ao Nadal. Os artigos son o resultado do enigma de ADISCO proposto para Decembro "O CASO DO XORNALISTA DESPARECIDO".

Os reporteiros intrépidos que asinan as súas reportaxes e, por tanto, son os gañadores desta proba son: Sara Mosteiro de 2º B, Nuria, Patricia, Miguel, Flavián, Desiree, Lucía de 6º B, Fabio, Sebas e Aroa de 3º A, Álvaro de 2º A e alumn@s de 5 anos B. Parabéns a todos polo voso traballo!

Na hora de ler repartíuse un xornal por aula. Tamén temos na entrada da Biblioteca xornais gratuítos para que levedes. Pero agora gustaríame propoñervos unha actividade moi divertida. Seríades capaces de atoparlle as erratas? En todos os xornais do mundo hai correctores. Gustaríache ser ti un?  

domingo, 8 de diciembre de 2013

DESCUBRE O TESOURO DO NADAL!

Este ano o noso Belén é reivindicativo e adaptase aos nosos tempos: nun Belén moderno María e Xosé son desahuciados polo banco e acaban pasando a noite no parque. Alí, no mirador, o neno Xesús é protexido polos paxaros que lle fan un niño para que non pase frío. Os pastores, modernizados como rapeiros, procedentes de Emaús ocupan o pobo para axudar ao neno. Os reis magos, simbolizando a solidariedade, veñen raudos nos seus coches coa axuda necesaria.

Protagonizan o Belén os alumnos de 6º de Primaria coa colaboración especial de Oscar, de 5 anos A (Anxo) e de Fabio, de 2º A (o neno Xesús).



VÍA CONTADORA DE SOÑOS

lunes, 2 de diciembre de 2013

ENIGMA DECEMBRO ADISCO E O CASO DO XORNALISTA DESAPARECIDO

Esta vez o enigma de decembro non é o mesmo para tod@s, cada ciclo ten o seu caso, pero  coincidides no mesmo: sodes xornalistas!

Ánimo compañeiros! Espero os voso traballos con moita ilusión!

 EDUCACIÓN INFANTIL



1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO





viernes, 29 de noviembre de 2013

PREMIOS ENIGMA ADISCO MES DE NOVEMBRO "DONA CASTAÑA PILONGA"

Ola a tod@s! Mirade que contentos quedaron os nosos premiados do mes de novembro da proba de ADISCO "DONA CASTAÑA PILONGA". Grazas a "Las Telitas de Teresa" de Negreira, que artesanalmente elaborou o Bibliorrato para Educación Infantil, os lápices de Bibliorrato e os marcapáxinas, e grazas, tamén, a Vanesa, repostería artesanal, polas súas magdalenas coa imaxen da castaña Pilonga. 


domingo, 24 de noviembre de 2013

NAIS CONTACONTOS 5 ANOS A MES DE NOVEMBRO

A nai de Fran (5 anos A) e a nai de Lorena (5 anos B) viñeron este mes de novembro á biblioteca, na hora de ler, a contarnos uns contos estupendos: "A que sabe a lúa" (Editorial Kalandraka) e "Juan Caracol" (Cuentos de niños caprichosos-Editorial San Pablo).

O máis divertido foi que, por uns intres, tivemos a alumna máis nova do cole.


Que ben o pasamos! Moitas grazas mamás!


jueves, 21 de noviembre de 2013

CONTACONTOS COS DEREITOS DOS NENOS "A EXTRAORDINARIA VIAXE DE LUCIUS DUMB"

http://www.elextraordinarioviajedeluciusdumb.com/ O 20 de novembro celebrouse o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS e, dende a biblioteca, queremos invitarvos a unha sesión de contacontos para presentarvos o libro "A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb" (Editorial Edelvives) onde se tratan estes dereitos a través do que máis nos gusta a nós: OS CONTOS!!!


Imaxinade por un momento que, un día, os científicos máis importantes do mundo recibisen un encargo especial: descubrir un instrumento capaz de convertir á Terra nun lugar onde todo o mundo puidese ser feliz. Un instrumento igual para homes que para mulleres, para maiores e para nenos. Para gordos e para fracos, para guapos e feos, para ricos e pobres. Un instrumento útil para todos os seres humanos sen distinción! 

 O científico Lucius será o encargado de viaxar para recoller relatos de persoas de todo tipo e así axudar na investigación. Na súa libreta anota todas as hitorias sen esquecer nin unha sóa palabra. Unha desas historias titúlase “Os nenos primeiro” , de Juan Kruz Igerabide, onde se resalta o dereito “O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro”. 

Así que vos esperamos a todos, na hora de ler, para escoitar este relato narrado polos alumn@s de sexto B e CONTADORA DE SOÑOS!



O 5 de decembro estréase a película do libro no cine! É extremeña, da nosa producción española e naceu como unha proposta da ONG Músicos sen Fronteiras. Aquí tes o trailer, e premendo na imaxe de arria do libro irás á páxina web oficial da película onde poderás acceder á canción dos dereitos e máis actividades.


lunes, 18 de noviembre de 2013

GAÑADORES PROBA ADISCO MES DO NOVEMBRO (AS AVENTURAS DE DONA CASTAÑA PILONGA)

Na hora de ler os meus bibliorratoaxudantes pasaron polas aulas repartindo a miña carta coa información sobre os gañadores da proba de ADISCO E DONA CASTAÑA PILONGA, parabéns a todos os que participastes! Encantáronme todas as historias.


Quixen buscar unha maneira orixinal de presentar os relatos e coa páxina 3DPAGEFLIP creo que o conseguín, verdade? Veredes como podedes mover o libro polo ceo e polo mar!


sábado, 16 de noviembre de 2013

CONTACONTOS NA HORA DE LER (NAIS CONTACONTOS EN INFANTIL-4ANOS A)

Neste mes de novembro as nais de Noa e de Claudia quixeron repetir de contacontos con dous contos moi especiais: "Os sete cabritos" (Editorial Kalandraka) e Garbancito (Editorial Edelvives).

Que ben! Son contos tradicionais de toda a vida que, normalmente,  os avós lles contan aos pequenos e que non perden nunca o seu encanto. 


Queredes ver en plena acción á nai e a tía de Claudia?

martes, 12 de noviembre de 2013

UN XOGO MOI CREATIVO!


PLANTILLAS

Fonte:
MUNDO DE NIÑOS


sábado, 9 de noviembre de 2013

MAGOSTO, QUE GOSTO!

Vaia día do Magosto-Samaín no cole! Pola mañán actividades propostas pola empresa Vagalume: obradoiro de maquillaxes, xogos de pistas... e pola tarde castañas asadas compartidas cos pais/nais que quixeron acompañarnos. Magosto, que gosto!
 

lunes, 4 de noviembre de 2013

ADISCO, ENIGMA DO MES DE NOVEMBRO

Esta é a carta que todos os alumn@s recibiron na hora de ler co terceiro enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Nela propónse o caso de "DONA CASTAÑA PILONGA".
 Buff! Esto complícase! Quen será capaz de axudala neste dilema?

lunes, 28 de octubre de 2013

SAMAÍN MONSTRUOSO!

Vaia colección de monstros bos que temos no cole para celebrar Samaín! Monstros que reparten apertas, bicos, comida, cartos, que limpan, que arranxan libros, que axudan a ser felices, que coidan do planeta terra, que axudan a facer os deberes, que intentan que os montes non ardan, que coidan dos océanos, que axudan a conseguir os retos, que fortalecen amizades...

Este é o noso MONSTRUARIO, un tesouro da creatividade! 



Destacamos especialmente ao "HOME DO SACO". No seu saco colecciona momentos bonitos da vida das persoas, desexos, soños...  Eses tesouros que todos temos agochados no noso corazón!

Entre tod@s contribuímos a encher o seu saco. Que ilusión!

Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!

Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!

Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!

Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.

Primeiro e infantil encheu o saco de sorpresas e a máis grande veu dende a biblioteca: unha rede de palabras ditas con tenrura que fixemos para o conto "O Xigante do Pantano" .

A verdade é que o saco quedou cheíño. Queredes botarlle unha ollada?




E por si fora pouco estes días aos alumn@s de primeiro ciclo estiveron a visitalos uns monstros especiais: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s. 


viernes, 25 de octubre de 2013

PREMIOS ADISCO DO ENIGMA DO MES DE OUTUBRO

Que ben! Aquí tedes a relación de premiados do segundo enigma de ADISCO "O CASO DO ENSUCIADOR MISTERIOSO" do mes de outubro.

E estes son os agasallos que recibiron,  cortesía de "LAS TELITAS DE TERESA" (ARTÍCULOS ARTESANALES) www.lastelitasdeteresa.blogspot.com
´Parabéns a tod@s e a seguir participando nas próximas convocatorias de ADISCO!

domingo, 20 de octubre de 2013

NAISCONTACONTOS NA HORA DE LER (XAIME E AS LANDRAS)

As profes de Educación Infantil de 5 anos están a traballar o outono e  tiñan moitas gañas de que os nen@ escoitasen o fermoso conto de "Xaime e as landras". 

Desexo concedido!

A nai de Nicolás  (5 anos A) e a nai de Alexia (5 anos B) e Lucía (3 anos B) viñeron na hora de ler e contaron este fermoso conto. Grazas as dúas que o fixeron fenomenal!






E aquí tedes unhas actividades do conto en lim. 


jueves, 17 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA HORA DE LER (NAIS EN INFANTIL CATRO ANOS)

Que sorte que tivemos!  O xoves 10 de outubro veu a ler un conto a nai de Noa, na hora de ler, e tod@s os alumn@s de 4 anos o pasaron estupendamente e eu máis! O Conto de Caillou e a boneca de Rosie (Everest)  foi todo un éxito!

E o martes 15 de outubro veu a nai de Claudia, tamén na hora de ler,  e os nen@s de 4 anos A disfrutaron das aventuras de "O coelliño branco" (Kalandraka). 


Aquí tedes un video desta última sesión. Veredes que supercontacontos!

martes, 15 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "O XIGANTE DO PANTANO" E UNHA CARTA CON DÚAS PROPOSTAS MONSTRUOSAS

Este luns a nosa biblioteca abriu as súas portas  e, para celebralo, tivemos unhas sesións de contacontos nas que  dúas nais foron as encargadas de poñer voz. O conto elexido foi "O Xigante do Pantano" de OQO. Un conto que fala da intolerancia, dos medos...

Aquí tedes algunhas das mellores fotos do momento.



E aquí vos vai a miña carta con dúas propostas monstruosas para traballar este conto.

sábado, 12 de octubre de 2013

ARTE CON CHAPAS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA (RANGOLIS)


Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos. 

A súa orixe é hindú e soen realizarse na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda. 

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros. 

Este é o resultado dun gran traballo en equipo, uns traendo chapas, outros pintandoas e os artistas de 6º de Primaria realizando os seus rangolis, cada un ten o seu significado.  


Na nosa biblioteca
 hai unha porta encantada 
 que está aberta e esperando aos magos e as fadas. 

Garda un tesouro de libros 
 de historias marabillosas 
 que nos contan as fazañas
 de figuras fabulosas. 

 Se te atreves a entrar
 grandes probas has de pasar 
 así que quita as túas lagañas 
e forma parte desta historia!

CONTADORASONOS's  album on Photobucket

(Máis información en CONTADORA DE SOÑOS http://carmenlodeiro.blogspot.com.es/)

jueves, 10 de octubre de 2013

RECURSOS DE OUTONO

Como me encantan os contos aquí vos deixo un tesouro que tiña gardado para esta ocasión, un  videoconto titulado "Amor de outono" que sei que vos gustará moitísimo!


 E un estupendo xogo para aprender moito máis  sobre esta estación para Educación Infantil (premede na imaxe)

martes, 8 de octubre de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "A PRINCESA QUE QUERÍA UNHA ESTRELA"

Que ben o pasaron os peques do cole, Educación Infantil 3 anos A e B, na hora de ler! Visitaron a nosa biblioteca e aprenderon o meu nome "BIBLIORRATO" ainda que algún xa me coñecía. Que sorprendido quedei!

A miña amiga CONTADORA DE SOÑOS contoulles un precioso conto dunha princesa que quería unha estrela. Por portase tan ben  levaron unha piruleta de agasallo. Hummm que rica!


 


lunes, 7 de octubre de 2013

APERTURA DA BIBLIOTECA O DÍA 14!

Que gañas teño de que chegue o día 14! Ese día abrimos a nosa biblioteca con grandes sorpresas. Lede ben este cartel e veredes, veredes...


E, para que teñades moi clariño estas son as normas de uso:



·     Para ir co titor á biblioteca a ler, buscar información… fixouse o seguinte horario:

jueves, 3 de octubre de 2013

ADISCO, ENIGMA DO MES DE OUTUBRO

Esta é a carta que todos os alumn@s recibiron na hora de ler co segundo enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Nela propónse o caso do "Ensuciador Misterioso"

 E estas son as fichas cos datos dos principais sospeitosos!
Buff! Vaia traballiño que teñen por diante! Serán capaces de levalo a cabo?

miércoles, 25 de septiembre de 2013

UNHA CARTA ESPECIAL NA HORA DE LER!

Vaia carta máis interesante que vos enviei na hora de ler. Espero que todo o mundo lese en voz alta o compromiso e xa sabedes... NON HAI VOLTA ATRÁS!

viernes, 20 de septiembre de 2013

PREMIOS ADISCO 1º ENIGMA

Hoxe os Biblioaxudantes entregaron os premios do primeiro enigma de ADISCO, uns Bibliorratolápices procedentes de "Las telitas de Teresa", especialistas en artículos artesanais (www.lastelitasdeteresa.blogspot.com) Os axudantes fixéronno de rechupete e os premiados quedaron encantados!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

RESULTADOS DO PRIMEIRO ENIGMA

ADISCO significa " Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos". Sabíamos que era moi difícil acertar pero o reto era ver como empregábades a vosa imaxinación para descrifrar as siglas e disfrutar con todas as definicións que saíron. Parabéns a todos os que participaron! Aquí tedes a lista de premiados. O mes que ven ADISCO proporá outro enigma, así que... Continuará!

miércoles, 11 de septiembre de 2013

BENVIDA NA BIBLIOTECA COA PRESENTACIÓN DO NOSO PROXECTO TESOUROS

Que ben o pasamos  hoxe na Biblioteca coa Contadora de Soños que me axudou a presentar o noso proxecto "tesouros". Viñeron todos os grupos e portáronse moi ben. Estiveron moi atentos aos vídeos e ás explicacións e pasaron as probas que lle puxen. 

Que cazatesouros tan estupendos! 


Este é o vídeo presentación do proxecto.

 



A canción dos cazatesouros.

 

E o enigma que deben resolver para esta semana 

viernes, 21 de junio de 2013

DESPEDIDA DO CURSO, O LARETEIRO DO XALLAS E UN LIBRO RECOMENDADO!

Vaia último dia de cole tan especial, menudo ritmo lle puxeron os rapaces de Sexto cos seus bailes e o grupo Alborada coa súa actuación!

Pero agora chegou o momento da despedida e vouno facer deixando moita lectura:


  • A DA REVISTA DO COLE "O LARETEIRO DO XALLAS

Publish at Calameo or read more publications.

  •  E a recomendación dos alumn@s de 6º A da lectura do libro "A TORRE DAS LAVERCAS" de DANIEL AMEIXEIRO.

Eu quedo na biblioteca esperandovos porque.... Notición!!! o curso que ven vouvos contar o meu gran segredo! Que? Que o queredes saber xa? Diso nada monadas!!!

jueves, 20 de junio de 2013

OBRA DE TEATRO "O RESTAURANTE FARRUCO"

Chus Pereiro é a autora de Restaurante Farruco, texto teatral infantil publicado pola editorial Xerais con ilustracións de Xan López Domínguez. Utilizando o verso rimado, a autora constrúe unha peza disparatada nun só acto, nun só día, nun só espazo. Neste espazo, o restaurante, onde os comensais falan do prezo esaxerado -ao mesmo tempo que se deixan entrever as diferenzas de clase ante un rei ao que non lle importa gastar-, hai algo que semella misión imposible: comer. E o porqué atopámolo na serie de animais vivos que deberían agardar a seren cociñados pero que
non se amosarán dispostos ao sacrificio. Normal, por outro lado! Iso si, nun restaurante de luxo hai que pagar, pase o que pase. E aí reside o timo do restaurante.

Os alumn@s de 4º de primaria representaron esta obra para tod@s no Multiusos de Santa Comba. Mirade que ben o fixeron!!