lunes, 28 de enero de 2013

CANCIÓNS POLA PAZ

Hoxe quero presentar as cancións que a CONTADORA DE SOÑOS preparou con diferentes grupos, 2º, 4º e 6º A para reflexionar sobre a paz. Anímate e convertete nun PAZ CANTANTE!!

viernes, 25 de enero de 2013

miércoles, 23 de enero de 2013

MENSAXES DE PAZ


Apetécevos deixar unha mensaxe de paz? Premede na imaxe de abaixo e adiante!! A ver se sodes capaces de atopar a miña mensaxe coa historia dunha nena chamada Paz...





domingo, 20 de enero de 2013

LECTURAS POLA PAZ

Ei rapaces estou seguro que a estas alturas xa tedes tod@s na vosa aula o meu paquete especial con lecturas pola paz e a miña carta. A que sí? Lembrades o que dí?  

Ola rapaces e rapazas! Teño un encargo da miña amiga a pomba da paz que sabe que, nestes días, andades a traballar este tema e estades aprendendo moito para ser uns Magos da Paz magníficos. Ela pensa que tamén podedes ser uns paz lectores estupendos e por iso vos deixo estes libros. Apetécevos cumplirlle o gusto á pomba da paz? Estou seguro que sí, xa sabedes que unha forma de dar paz é facer feliz á xente e ela sentirase moi pero que moi feliz. 

Estou desexando que me deades a vosa opinión!! Por certo, tamén tedes un recanto no que atoparedes as aventuras dun tanque moi especial: PAN-Z o tanque da paz. Anímovos a pasar por alí e a ler estas aventuras en cómic.
 (Premendo na imaxe de abaixo accederás as aventuras de Pan-Z)

martes, 15 de enero de 2013

LATUCADA POLA PAZ

Imaxinade por un momento que no mundo as armas disparasen turrón de chocolate, ou apertas, sorrisos... Imaxinade por un momento que se poidesen convertir en latas, latas que mandan miles de mensaxes de paz!! Eso é o que estamos a preparar para o día da Paz no noso cole: UNHA LATUCADA!! os nenos e nenas darán a lata por unha boa causa, A PAZ! Esta é unha mostra que está adornando os corredores do colexio e que serve de exemplo para esta acitividade.
Xa estou desexando ver o resultado da vosa creatividade mentras, vou a aprender a canción que a Contadora de Soños nos preparou para ese día.

martes, 8 de enero de 2013