domingo, 20 de enero de 2013

LECTURAS POLA PAZ

Ei rapaces estou seguro que a estas alturas xa tedes tod@s na vosa aula o meu paquete especial con lecturas pola paz e a miña carta. A que sí? Lembrades o que dí?  

Ola rapaces e rapazas! Teño un encargo da miña amiga a pomba da paz que sabe que, nestes días, andades a traballar este tema e estades aprendendo moito para ser uns Magos da Paz magníficos. Ela pensa que tamén podedes ser uns paz lectores estupendos e por iso vos deixo estes libros. Apetécevos cumplirlle o gusto á pomba da paz? Estou seguro que sí, xa sabedes que unha forma de dar paz é facer feliz á xente e ela sentirase moi pero que moi feliz. 

Estou desexando que me deades a vosa opinión!! Por certo, tamén tedes un recanto no que atoparedes as aventuras dun tanque moi especial: PAN-Z o tanque da paz. Anímovos a pasar por alí e a ler estas aventuras en cómic.
 (Premendo na imaxe de abaixo accederás as aventuras de Pan-Z)

0 comentarios:

Publicar un comentario