jueves, 28 de febrero de 2013

ACTIVIDADES PARA O 8 DE MARZO "DÍA DA MULLER TRABALLADORA"

Co motivo da celebración do "Día da Muller Traballadora", dende a biblioteca propoñemos lecturas como: O PAÍS DOS MANDÓNS, para Educación Infantil e a Cincenta en formato dixital.


Dentro do ciclo "CINE NO ENSINO", proxectaremos, o Venres día 8 de marzo  pola tarde,  a película Brave:
  • Ed. Infantil- Biblioteca
  • 1º Ciclo- Pizarra abaixo
  • 2º Ciclo-Pizarra arriba
  • 3º Ciclo-Aula Relixión

Aquí vos deixo unha reseña da película Brave (Indomable), unha historia chea de maxia protagonizada por Mérida unha muller que rompe coa tradición... 
 
Para rematar, como anécdota gustaríame que lle botárades unha ollada a este vídeo no que se fala da aplicación das matemáticas nesta película. Veredes como quedades abraiados!

miércoles, 27 de febrero de 2013

UN NOVO BIBLIORRATO CHEO DE MAXIA

Pois tal como vos anunciaba algo moi importante me estaba a pasar e xa vedes! Mirade que metamorfose! Claro tanta maxia na biblioteca, tantos magos no Entroido e tantas palabras máxicas fixeron o seu efecto.

Eu xa notaba algo raro, picábanme as orellas e acabaron encolléndome, picábame o rabo e agora parece o dun gato, tiña cóxegas no corpo e mirade como me quedou!! Ata o deseño do noso blog cambiou! Bufff!

A verdade é que me vexo moi favorecido e xa vedes a culpa culpiña tédela todos vos. Agora ben, parade xa por favor que xa non quero máis transformacións!!!

Agora veño cheíño de enerxía e moi pronto virei con moitas novidades!

martes, 19 de febrero de 2013

XUIZO AO MECO

Como remate a este Entroido máxico o xoves, 14 de febreiro, celebramos no cole o XUIZO ao noso MECO para pasar logo a sua queima.

 Así comezaba o xuizo que redactaron os alumn@s de 6º de Primaria e dirixiu Fernando de Dinamización Lingüística.






Aquí estamos os de sexto
ao entroido despedir
Agora é tempo de choros
nós tentaremos non rir

Este Meco queimaremos
noso mundo destrozou
Con tristeza anunciarei
este xuizo comezou.

Meco non nos paras de fastidiar
con nós te vas a enfrontar
Porque os nenos de Santa Comba
quietos non nos imos quedar...

E agora disfrutao nestas imaxes!!
 
 

viernes, 8 de febrero de 2013

jueves, 7 de febrero de 2013

ENTROIDO, O MECO, COMADRES E COMPADRES

Vaia semaniña de Entroido que levamos! O noso meco poñéndonos probas para realizar no recreo,  celebramos tamén o xoves de COMADRES e o xoves de  COMPADRES! Menos mal que mañán rematamos co noso desfile especial MAXIA porque eu sigo atopándome moi, moi raro. 

A pesares de non estar moi ben estou desexando ver os vosos disfraces eu irei no bolsillo da Contadora de Soños, mirade ven por se me vedes!





lunes, 4 de febrero de 2013

EUI APRENDÍN... E TÍ QUE APRENDECHES?

Moitas grazas, rapaces e rapazas, por encher a porta da Biblioteca cos vosos papeis de cores (nos que facedes referencia ao libro que vos deixei na aula) e tamén escribistes o que aprendestes coa súa lectura sobre a paz!





viernes, 1 de febrero de 2013