lunes, 11 de marzo de 2013

ATOPA... AS DIFERENZAS (Actividades coa película Brave)



Que tal? A que a película Brave (Indomable) vos gustou moito? Vaia historia chea de maxia!

E… que vos parece se me axudades cunha tarefa moi, pero que moi importante?

Necesito que atopedes as diferenzas entre a protagonista da película, a princesa Mérida, e outras princesas de Disney coma  Brancaneves e Cincenta.

Déixovos un poster no que vos dou algunha pista a través de cancións que canta cada unha. Aí poderedes investigar e ser uns magos detectives estupendos.

Quen será o primeiro mago que me traiga as súas pesquisas e as coloque no mural que hai na entrada da Biblioteca?
 Poñede claro o voso nome e curso porque unha máxica sorpresa vos agardará!




0 comentarios:

Publicar un comentario