lunes, 29 de abril de 2013

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MAGÓAME O ZAPATO DE CRISTAL"

Os alumn@s de 6º A de primaria presentaron o libro: "Magóame o zapato de cristal". Baseado no conto da Cincenta, déronlle unha reviravolta. Nesta ocasión a Cincenta intenta cumplir o seu soño que é xogar ao futbol pero
o príncipe dí que esas non son cousas de princesas, que ten que vestir con tacóns e ir sempre perfecta. Cincenta intenta convencer ao príncipe pero cando comprende que el non lle vai a axudar decide formar un equipo de fútbol co resto de princesas: Sirenita, Pocahontas...

A pesar disto o príncipe segue sen estar de acordo e vai ser motivo de separación entre os dous.

Para facer o libro fixeron grupos de redactores (para redactar o texto) ilustradores, maquetadores, editores(formato, portada...)... Foi un traballo posto en común entre todos os da clase, un traballo en equipo

As cores son moi importantes neste conto. O vermello na primeira parte cando a Cincenta debe ser o que ela non quere unha princesa perfecta e o amarelo para a segunda cando consigue o seu soño. Tamén crearon unha editorial "TIGRE FELIZ"
 



 ENSINANZA: unha persoa non depende de outra se non que ten que facer coa súa vida o que decida e se propoña sen ter medo as dificultades.

PARABÉNS A TOD@S! ESPERO QUE PLANTEDES A SEMENTE E CUNDA O EXEMPLO!!!!!!


martes, 23 de abril de 2013

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA..."

Hoxe, no "Día do Libro", tivemos unha visita especial VICKY(enviada da Editorial Santillana-Xerais), veu contar un precioso conto aos nen@s de Educación Infantil e, claro, pasárono moi ben coa toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...


domingo, 21 de abril de 2013

FELIZ DÍA DO LIBRO

NON HAI NADA COMO UN BO LIBRO!


jueves, 18 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO E SEMANA DA POESÍA

Que contento estou!  Este ano, para celebrar o día do libro, procuramos que a SEMANA DA POESÍA coincidira nestas datas. Este é o noso programa  no que se leerán diveras poesías, entre elas as gañadoras do PRIMEIRO CONCURSO DE POESÍA do noso cole.


Tal como vos prometín palabras fermosas e máxicas  inundarán a nosa biblioteca! Felices lecturas e audicións a tod@s!

ABRAPALABRA, QUE A MAXIA SE FAGA! 

 

jueves, 11 de abril de 2013

A MAXIA DA VIDA

A mediados de Xaneiro adicamos un recanto á MAXIA DA VIDA onde colocamos unha peceira con ovos de rás para que os nen@s foran vendo a súa evolución de cágados a ras. 

Que ben o pasamos mirando todos os días se había algún cambio! Logo, chegou o momento de devolvelas ao seu medio natural.





lunes, 1 de abril de 2013

ABRIL... O MÁXICO MES DOS LIBROS...!

Estreamos o mes de Abril no que o día 23 celebramos o DÍA DO LIBRO

Vaia mes máis movidiño que teremos! 

Palabras máxicas e fermosas inundarán a nosa biblioteca porque... NO MUNDO DOS LIBROS TODO É POSIBLE.. ATA O IMPOSIBLE!