lunes, 29 de abril de 2013

PRESENTACIÓN DO LIBRO "MAGÓAME O ZAPATO DE CRISTAL"

Os alumn@s de 6º A de primaria presentaron o libro: "Magóame o zapato de cristal". Baseado no conto da Cincenta, déronlle unha reviravolta. Nesta ocasión a Cincenta intenta cumplir o seu soño que é xogar ao futbol pero
o príncipe dí que esas non son cousas de princesas, que ten que vestir con tacóns e ir sempre perfecta. Cincenta intenta convencer ao príncipe pero cando comprende que el non lle vai a axudar decide formar un equipo de fútbol co resto de princesas: Sirenita, Pocahontas...

A pesar disto o príncipe segue sen estar de acordo e vai ser motivo de separación entre os dous.

Para facer o libro fixeron grupos de redactores (para redactar o texto) ilustradores, maquetadores, editores(formato, portada...)... Foi un traballo posto en común entre todos os da clase, un traballo en equipo

As cores son moi importantes neste conto. O vermello na primeira parte cando a Cincenta debe ser o que ela non quere unha princesa perfecta e o amarelo para a segunda cando consigue o seu soño. Tamén crearon unha editorial "TIGRE FELIZ"
 



 ENSINANZA: unha persoa non depende de outra se non que ten que facer coa súa vida o que decida e se propoña sen ter medo as dificultades.

PARABÉNS A TOD@S! ESPERO QUE PLANTEDES A SEMENTE E CUNDA O EXEMPLO!!!!!!


0 comentarios:

Publicar un comentario