jueves, 16 de mayo de 2013

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2013

Ei! Sabedes que onte tivemos moitas visitas no cole? Viñeron os Oleiros a ensinar aos nen@s de Educación Infantil e Cuarto de Primaria a arte do traballo co barro...
 
Uns expertos cesteiros, familiares dos alumn@s, deleitaron ao Terceiro Ciclo cos seus coñecementos en cestos... 

   
E o profe da ESCOLA DE TEATRO MUNICIPAL de Santa Comba, XAN MARTÍNEZ, veu impartir un taller de teatro para 3º de Primaria e o próximo mércores, 22 de maio, para quinto de primaria...

domingo, 12 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o Día das Letras Galegas adícase a ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Déixovos dúas actividades Lim para que aprendades moito "xogando" con este autor.

viernes, 10 de mayo de 2013

UNHA GRANDE EXPOSICIÓN DE HISTORIA

Carai! Temos o cole coma se fora un museo! No segundo piso, ao lado das aulas de 3º Ciclo, hai instalada unha magnífica exposición de historia sobre a época de Carlos I e Felipe II, que prepararon na aula os alumn@s de 6º A co seu profesor Fernando. Eu xa andiven por alí roendo un pouco os paneis...

Queredes botarlle unha ollada?

jueves, 2 de mayo de 2013

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POESÍA

O martes a primeira hora da tarde entregamos os premios aos participantes e gañadores do Primeiro Concurso de Poesía. Un diploma para tod@s e un libro e un marcapáxinas personalizado para os gañadores.



GAÑADORES:
2º CICLO: 1º PREMIO:ISMAEL FERRÍN REIVEIRO DE 3º A
                       ACCESIT: EQUIPO FRAUTISTAS DE 4º B
3º CICLO: 1º PREMIO: NEREA GARCÍA PEÓN DE 6º A
                       ACCESIT: ÉRIKA LOIS CALVO DE 6º A
Desertos os premios de Educación Infantil e 1º Ciclo.