viernes, 29 de noviembre de 2013

PREMIOS ENIGMA ADISCO MES DE NOVEMBRO "DONA CASTAÑA PILONGA"

Ola a tod@s! Mirade que contentos quedaron os nosos premiados do mes de novembro da proba de ADISCO "DONA CASTAÑA PILONGA". Grazas a "Las Telitas de Teresa" de Negreira, que artesanalmente elaborou o Bibliorrato para Educación Infantil, os lápices de Bibliorrato e os marcapáxinas, e grazas, tamén, a Vanesa, repostería artesanal, polas súas magdalenas coa imaxen da castaña Pilonga. 


domingo, 24 de noviembre de 2013

NAIS CONTACONTOS 5 ANOS A MES DE NOVEMBRO

A nai de Fran (5 anos A) e a nai de Lorena (5 anos B) viñeron este mes de novembro á biblioteca, na hora de ler, a contarnos uns contos estupendos: "A que sabe a lúa" (Editorial Kalandraka) e "Juan Caracol" (Cuentos de niños caprichosos-Editorial San Pablo).

O máis divertido foi que, por uns intres, tivemos a alumna máis nova do cole.


Que ben o pasamos! Moitas grazas mamás!


jueves, 21 de noviembre de 2013

CONTACONTOS COS DEREITOS DOS NENOS "A EXTRAORDINARIA VIAXE DE LUCIUS DUMB"

http://www.elextraordinarioviajedeluciusdumb.com/ O 20 de novembro celebrouse o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS e, dende a biblioteca, queremos invitarvos a unha sesión de contacontos para presentarvos o libro "A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb" (Editorial Edelvives) onde se tratan estes dereitos a través do que máis nos gusta a nós: OS CONTOS!!!


Imaxinade por un momento que, un día, os científicos máis importantes do mundo recibisen un encargo especial: descubrir un instrumento capaz de convertir á Terra nun lugar onde todo o mundo puidese ser feliz. Un instrumento igual para homes que para mulleres, para maiores e para nenos. Para gordos e para fracos, para guapos e feos, para ricos e pobres. Un instrumento útil para todos os seres humanos sen distinción! 

 O científico Lucius será o encargado de viaxar para recoller relatos de persoas de todo tipo e así axudar na investigación. Na súa libreta anota todas as hitorias sen esquecer nin unha sóa palabra. Unha desas historias titúlase “Os nenos primeiro” , de Juan Kruz Igerabide, onde se resalta o dereito “O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro”. 

Así que vos esperamos a todos, na hora de ler, para escoitar este relato narrado polos alumn@s de sexto B e CONTADORA DE SOÑOS!



O 5 de decembro estréase a película do libro no cine! É extremeña, da nosa producción española e naceu como unha proposta da ONG Músicos sen Fronteiras. Aquí tes o trailer, e premendo na imaxe de arria do libro irás á páxina web oficial da película onde poderás acceder á canción dos dereitos e máis actividades.


lunes, 18 de noviembre de 2013

GAÑADORES PROBA ADISCO MES DO NOVEMBRO (AS AVENTURAS DE DONA CASTAÑA PILONGA)

Na hora de ler os meus bibliorratoaxudantes pasaron polas aulas repartindo a miña carta coa información sobre os gañadores da proba de ADISCO E DONA CASTAÑA PILONGA, parabéns a todos os que participastes! Encantáronme todas as historias.


Quixen buscar unha maneira orixinal de presentar os relatos e coa páxina 3DPAGEFLIP creo que o conseguín, verdade? Veredes como podedes mover o libro polo ceo e polo mar!


sábado, 16 de noviembre de 2013

CONTACONTOS NA HORA DE LER (NAIS CONTACONTOS EN INFANTIL-4ANOS A)

Neste mes de novembro as nais de Noa e de Claudia quixeron repetir de contacontos con dous contos moi especiais: "Os sete cabritos" (Editorial Kalandraka) e Garbancito (Editorial Edelvives).

Que ben! Son contos tradicionais de toda a vida que, normalmente,  os avós lles contan aos pequenos e que non perden nunca o seu encanto. 


Queredes ver en plena acción á nai e a tía de Claudia?

martes, 12 de noviembre de 2013

UN XOGO MOI CREATIVO!


PLANTILLAS

Fonte:
MUNDO DE NIÑOS


sábado, 9 de noviembre de 2013

MAGOSTO, QUE GOSTO!

Vaia día do Magosto-Samaín no cole! Pola mañán actividades propostas pola empresa Vagalume: obradoiro de maquillaxes, xogos de pistas... e pola tarde castañas asadas compartidas cos pais/nais que quixeron acompañarnos. Magosto, que gosto!
 

lunes, 4 de noviembre de 2013

ADISCO, ENIGMA DO MES DE NOVEMBRO

Esta é a carta que todos os alumn@s recibiron na hora de ler co terceiro enigma de ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos). Nela propónse o caso de "DONA CASTAÑA PILONGA".
 Buff! Esto complícase! Quen será capaz de axudala neste dilema?