jueves, 21 de noviembre de 2013

CONTACONTOS COS DEREITOS DOS NENOS "A EXTRAORDINARIA VIAXE DE LUCIUS DUMB"

http://www.elextraordinarioviajedeluciusdumb.com/ O 20 de novembro celebrouse o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS e, dende a biblioteca, queremos invitarvos a unha sesión de contacontos para presentarvos o libro "A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb" (Editorial Edelvives) onde se tratan estes dereitos a través do que máis nos gusta a nós: OS CONTOS!!!


Imaxinade por un momento que, un día, os científicos máis importantes do mundo recibisen un encargo especial: descubrir un instrumento capaz de convertir á Terra nun lugar onde todo o mundo puidese ser feliz. Un instrumento igual para homes que para mulleres, para maiores e para nenos. Para gordos e para fracos, para guapos e feos, para ricos e pobres. Un instrumento útil para todos os seres humanos sen distinción! 

 O científico Lucius será o encargado de viaxar para recoller relatos de persoas de todo tipo e así axudar na investigación. Na súa libreta anota todas as hitorias sen esquecer nin unha sóa palabra. Unha desas historias titúlase “Os nenos primeiro” , de Juan Kruz Igerabide, onde se resalta o dereito “O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro”. 

Así que vos esperamos a todos, na hora de ler, para escoitar este relato narrado polos alumn@s de sexto B e CONTADORA DE SOÑOS!



O 5 de decembro estréase a película do libro no cine! É extremeña, da nosa producción española e naceu como unha proposta da ONG Músicos sen Fronteiras. Aquí tes o trailer, e premendo na imaxe de arria do libro irás á páxina web oficial da película onde poderás acceder á canción dos dereitos e máis actividades.


0 comentarios:

Publicar un comentario