viernes, 22 de marzo de 2013

CONCURSOS!!

Hoxe preséntoche tres concursos aos que nos presentamos este ano:
1.-XXI PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO, onde premian as actividades relacionadas co fomento da literatura e da lectura en xerale da galega en particular.  O noso proxecto FANTASÍA ANIMADA, contos con teatro de sombras, levado a cabo  durante o mes de novembro de 2012 vai para a modalidade de CENTROS DE ENSINO. Presentada a memoria e material adxunto nun maletín propio da nosa Biblioteca...


 2. IMAXINA CANTARES Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convocan conxuntamente o concurso Imaxina Cantares! para que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de produccións en soporte audiovisual.         
                                  
3.- INVENTAR É DIVERTIDO. O MIBA (o museo de ideas e inventos de Barcelona) convoca o PRIMEIRO CONCURSO ESCOLAR DE INVENTOS onde os inventos transmitan felicidad, bo humor e sorrisos a todo o mundo. Non sei o que sairá de aquí pero o importante é que nos divertamos moito, moito. Na aula da Contadora de Soños traballarase este tema e xa estou desexando ver o que de aquí sae! (máis información premendo na imaxe da dereita)

lunes, 18 de marzo de 2013

DIFERENZAS ENTRE PRINCESAS DISNEY E MÉRIDA

Que ben!  Mirade como está a nosa entrada a biblioteca! Cheíña con mensaxes coas diferenzas entre as princesas típicas de Disney, coma Brancaneves e Cincenta, e Mérida, a protagonista da película Brave.  Moitísimas grazas a tod@s os que aquí deixastes a vosa opinión.
Pero… o premio especial  é  para Ana e Leticia de 6º B!  

miércoles, 13 de marzo de 2013

CARTAS SORPRESA!



Sabedes? Os nen@s de Infantil 4 anos B dixéronlle a miña amiga a CONTADORA DE SOÑOS que eu non existía porque non me vían… entón ela sacoulles unha foto para que comprobaran que, efectivamente, os vou  visitar pero coma son máxico non me poden ver.
Mirade  que guap@s quedamos!






Entón animáronse a escribirme unhas cartas e…vaia sorpresa que atopei onte na Biblioteca! David e Saúl tiñan unhas palabras moi fermosas para min…



Esto merece unha recompensa!!  Creo que un estupendo libro de aventuras chegará voando para esa aula!

lunes, 11 de marzo de 2013

ATOPA... AS DIFERENZAS (Actividades coa película Brave)



Que tal? A que a película Brave (Indomable) vos gustou moito? Vaia historia chea de maxia!

E… que vos parece se me axudades cunha tarefa moi, pero que moi importante?

Necesito que atopedes as diferenzas entre a protagonista da película, a princesa Mérida, e outras princesas de Disney coma  Brancaneves e Cincenta.

Déixovos un poster no que vos dou algunha pista a través de cancións que canta cada unha. Aí poderedes investigar e ser uns magos detectives estupendos.

Quen será o primeiro mago que me traiga as súas pesquisas e as coloque no mural que hai na entrada da Biblioteca?
 Poñede claro o voso nome e curso porque unha máxica sorpresa vos agardará!