viernes, 28 de febrero de 2014

UN TESOURO DE ENTROIDO

Que ben o pasamos neste entroido especial "Tesouros". Seguindo o noso mapa é moi fácil adiviñar de que fomos disfrazados...


Aquí tedes a nosa reportaxe deste día. A disfrutar!!!

viernes, 21 de febrero de 2014

CARTAS DE AMIZADE

Buff!!! Que contento estou. Co motivo do día do amor e da amizade puxemos un buzón na entrada da biblioteca. O BUZÓN DA AMIZADE!


E ao longo dos días foise enchendo, enchendo... de cartiñas cheas de palabras fermosas e mensaxes coloridos. Hoxe os meus axudantes, na hora de ler, adicaronse a repartilas polas aulas. 

Tamén as cociñeiras, a bedel Verónica, profesores e a min, o Bibliorrato, nos chegaron as vosas cartas!

Grazas, que ilusión que me fixo!! Aquí van os meus bicos para tod@s!