miércoles, 12 de marzo de 2014

PROBA ADISCO SEGUNDO E TERCEIRO TRIMESTRE

A PINTURA OUTRA FORMA DE LER!


lunes, 10 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

En colaboración co equipo de Dinamización Lingüística, o venres, a nosa biblioteca encheuse de mulleres que tiñan moito, moito que contarnos. 

Unha mestra, enfermeira, arquitecta, gandeira, florista, policía municipal, farmacéutica e óptica visitaron o noso cole dentro do I CERTAME DE MULLERES XALLEIRAS. A verdade é que aprendemos moito destas mulleres e dos seus traballos.

 Moitas grazas a todas pola vosa visita!!


viernes, 7 de marzo de 2014

PROXECTO ATRAPANOMES

A raíz do conto "A PRINCESA QUE PERDEU O SEU NOME", co que conmemoramos o DÍA DA PAZ,  xurde o proxecto "ATRAPANOMES" co obxectivo de que os rapaces aprendan a importancia de ter un nome, símbolo de IDENTIDADE.

Deste xeito, investigamos a orixe dos nosos nomes, o significado, a historia de por que os nosos pais elexiron o noso nome... Con esta información elaboramos un EX-LIBRIS propio (marca de identificación que se coloca nos libros). Este é o resultado resumido do noso traballo. Parabéns a todos polo voso esforzo!