lunes, 28 de abril de 2014

ESPECIAL DÍA DO LIBRO, TEATRO, SEMANA DA POESÍA E REGUEIFEIROS!

Vaia semana que tivemos de actividades varias para conmemorar o día do libro....


A VI semana da Poesía, convocada pola Equipa de Dinamización Lingüística, co tema "Furacán de Verbas"...


Visita dos regueifeiros Suso de Xormes e Josiño das Peixeiras...

E a obra de Teatro "O segredo do Dragón", unha adaptación moi libre a, ao galego, do libro "El tesoro del dragón" de Rafael Ordóñez Cuadrado a cargo do grupo de 6º B.

Parabéns aos actores! Grandísimo esforzo o que fixeron para que disfrutáramos todos da obra ao facer tres actuacións: dúas para Infantil e Primaria e pola tarde unha  para os pais.




Aquí vos deixamos o folleto que todos levaron para a súa casa.



domingo, 6 de abril de 2014

LENDO PINTURA, PINTANDO COMO LEANDRO LAMAS (ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO)

Os alumn@s de Primaria traballaron moito este mes para presentarnos a sua visón particular sobre os cadros do pintor LEANDRO LAMAS.
E esta e a exposición que temos na entrada do cole, diante da biblioteca. 

Parabéns a todos os artistas!

1º A: Caracol, caracol... a quen levas na tua cuncha de amor
1º B: Que garda no seu peto maxico esta meniña?
2º A: E a ti... onde che gustaria ler?
2º B: E a aviadora de Leandro polo mundo vai voando
3º A e B:Quen vive nesta casa?
4º A: Esta gran actriz ten facetas mil!
4º B: Contos e maxia levan a ciclista a un mundo de fantasia!
Terceiro ciclo: E así pintan os artistas do terceiro ciclo... Fenomenal!

Premendo na imaxe da exposición que ves a continuación poderás acceder a todos as fotos. 


https://picasaweb.google.com/112692006955080824445/PINTANDOCOMOLEANDROLAMAS