viernes, 28 de noviembre de 2014

QUE LER?

ESTREA

NOVA CARTELEIRA

 Igual que no cine, cada pouco a nosa biblioteca chegan novidades que un gran equipo de "expertos" examinan, avalían e mercan para o disfrute de todos vós.
E para que ninguén deixe de enterarse decidimos neste curso facer carteleiras que anuncien novidades coma no cine. Así co lema QUE LER? poderedes atopar nos corredores  propostas de novidades deste curso.
Máis adiante... máis novidades, e máis propostas..... ESTADE ATENTOS!!





Que é unha BAGLLENA?

Non é un animal!!
non é un vehículo!!!
Non é un alimento!!!


E LOGO QUE É?

Non é máis nada, NIN MÁIS MENOS.... que o novo invento de Bibliorrato para demostrarvos que na Biblioteca do Barrié hai moitos libros que moitas veces nin vedes.
Por iso diseñamos unhas bonitas bolsas (bag) que deixamos cheas (llenas) de estupendos libros para cada unha das clases de primaria e que permanecerán en préstamo durante un tempo nas vosas aulas.

En canto queirades poderedes pedir aos vosos profes que renoven o material e polo tanto voltará a vosa BAGLLENA a achegarvos unha chea de novas aventuras, coñecementos, agarimos, sentimentos, monstros e medos que aínda non saíran moito dos andeis da nosa biblioteca.

 DISFRUTADE COA LECTURA!!!!!!!!!

viernes, 7 de noviembre de 2014

CANTAS VIAXES PARA ESTE CURSO!!!!!

OUTRO ANOS MAIS!!!
E XA VAN.... UF! NIN RECORDO XA.

Na semana pasada comezaron a funcionar as MOCHILAS VIAXEIRAS,  en cada unha das aulas xa están todo organizado para que durante todo o curso escolar unha mochila chea de propostas viaxe a cada familia. 

Esperemos que toda a familia atope algo de interese dentro delas, DISFRUTADE DUNS MOMENTOS DE LECTURAS COMPARTIDAS.

TEMPO DE MAGOSTO E SAMAIN

Ao remate do mes de outubro chega o tempo de Samain, é o tempo do magosto; chega o frío e aveciñase o inverno.

Dende o tempo dos nosos antepasados celtas celébrase esta festa, e dende Dinamización Lingüística e a Biblioteca Escolar procuramos que estas tradicións non se perdan.

Na semana do 27 ao 31 de outubro durante a hora de ler proxectamos unha selección de curtas baseadas no medo e adaptadas aos distintos niveis. A continuación incluímos os enlaces a youtube onde poderedes velas novamente:


Ademais relacionado co magosto e o outono realizouse o concurso de manualidades con elementos do outono. Coma tódolos anos as familias e os nenos nos sorprenderon coa súa inagotable creatividade.

Por outra parte alumnos dos cursos superiores baixaron ás clases de Educación Infantíl a contar contos de MEDO!

E por último o día da celebración co magosto que se celebrou o martes 4 de novembro, castañas, xornadas de portas abertas para familias e entrega de diplomas e agasallos a todos os participantes do concurso de manualidades.

miércoles, 5 de noviembre de 2014

INAUGURACIÓN

NON PODÍA SER DOUTRO XEITO!!!!
Tratándose de cine soamente podíamos abrir con alfombra vermella, focos, "photocall"...
O día 24 de novembro, día da Bibliotecas, inauguramos con ambiente cinéfilo o noso proxecto para este curso. 
Aparte de autoridades como a Directora e Xefa de Estudos ou outras caras ben coñecidas do noso colexio, unha gran cantidade de público achegouse para disfrutar deste primeiro día da Biblioteca Escolar. Foron tantas as visitas que tivemos que ampliar o número de colaboradores para atender a gran afluencia de público. 
Como o día era tan especial todos aqueles que se achegaron á Biblioteca Escolar levaronse un pequeno agasallo como recordo desta celebración.
Esperemos que este afán se manteña durante todo o curso. Seguiremos informando.
Incluímos unha serie de imaxes do evento.










DE NOVO EN FUNCIONAMENTO.

Ola a todos e todas!!!!.
Aqui de novo neste curso 2014-15. Xa sei que tardamos un pouquiño en comunicar de novo as nosas accións neste espazo pero as veces as cousas se nos complican algo e fai que sexamos máis lentos do habitual. Mil desculpas.
 NESTE CURSO TEMOS NOVO PROXECTO: O CINE.
Estamos moi ilusionados e cheos de novas ideas porque nos gustan as historias, nos gusta ler e nos gusta que no las conten a través de libros, a través de películas ou que no las contes ti. Neste curso haberá tempo para todo isto e moito máis. Agora simplemente vos deixo unhas fotos da entrada da nosa biblioteca que ambientamos en relación ao noso novo proxecto, espero que vos guste!