miércoles, 5 de noviembre de 2014

INAUGURACIÓN

NON PODÍA SER DOUTRO XEITO!!!!
Tratándose de cine soamente podíamos abrir con alfombra vermella, focos, "photocall"...
O día 24 de novembro, día da Bibliotecas, inauguramos con ambiente cinéfilo o noso proxecto para este curso. 
Aparte de autoridades como a Directora e Xefa de Estudos ou outras caras ben coñecidas do noso colexio, unha gran cantidade de público achegouse para disfrutar deste primeiro día da Biblioteca Escolar. Foron tantas as visitas que tivemos que ampliar o número de colaboradores para atender a gran afluencia de público. 
Como o día era tan especial todos aqueles que se achegaron á Biblioteca Escolar levaronse un pequeno agasallo como recordo desta celebración.
Esperemos que este afán se manteña durante todo o curso. Seguiremos informando.
Incluímos unha serie de imaxes do evento.










0 comentarios:

Publicar un comentario