viernes, 28 de noviembre de 2014

Que é unha BAGLLENA?

Non é un animal!!
non é un vehículo!!!
Non é un alimento!!!


E LOGO QUE É?

Non é máis nada, NIN MÁIS MENOS.... que o novo invento de Bibliorrato para demostrarvos que na Biblioteca do Barrié hai moitos libros que moitas veces nin vedes.
Por iso diseñamos unhas bonitas bolsas (bag) que deixamos cheas (llenas) de estupendos libros para cada unha das clases de primaria e que permanecerán en préstamo durante un tempo nas vosas aulas.

En canto queirades poderedes pedir aos vosos profes que renoven o material e polo tanto voltará a vosa BAGLLENA a achegarvos unha chea de novas aventuras, coñecementos, agarimos, sentimentos, monstros e medos que aínda non saíran moito dos andeis da nosa biblioteca.

 DISFRUTADE COA LECTURA!!!!!!!!!

0 comentarios:

Publicar un comentario