miércoles, 11 de febrero de 2015

UN GRAN CIENTÍFICO NO NOSO COLEXIO.

Si tiveramos que darlle un premio a D. Angel Carracedo, xenetista e médico forense de recoñecido prestixio internacional, sen dúbida neste curso debería ser un ÓSCAR.  Por suposto un Óscar ao máis coñecido xalleiro, pero tamén debería optar a outros tales como ao mellor divulgador da ciencia, ou ao científico máis asequible e cercano.

 É de agradecer que unha persoa do seu nivel, con tantas ocupacións, pois participa en multitude de actividades de investigación a nivel internacional, tivera a ben achegarse ata o noso colexio e nos dera dúas charlas:


  •  Unha dirixida aos escolares de Educación Primaria na que contou como era o seu traballo, explicounos e ata demostrou cun experimento o que era o ADN,  e mostrouse disposto a contestar multitude de preguntas que tiñan todos os nosos nenos. 


  • E unha segunda charla que se ofreceu a todos aqueles pais e nais de alumnos así como algúns ex-alumnos que non quixeron perder a oportunidade de poder escoitalo.


Esta foi unha experiencia enormemente enriquecedora da que sacamos grandes aprendizaxes que nos pareceron de gran importancia para o noso colexio:


  1. A ciencia é asequible para calquera, e eso 
    demostrouno co seu bo facer, coa claridade e adaptándose estupendamente á mente infantil explicando ao seu nivel temas tan complexos como o xenoma humano.
  2. Os experimentos non sempre precisan de grandes maquinarias ou computadoras. Separaou o ADN duns chícharos con productos que todos poderíamos atopar nas nosas casas.
  3. A ciencia tamén se pode facer en galego. 
  4. Sendo de Santa Comba tamén podemos e temos posibilidades de lograr todas as metas que nos propoñamos.
  5. Con ilusión e gañas podes lograr que o teu traballo e o teu esforzo sexa gratificante e que deixe de representar algo pesado e negativo para convertirse en algo motivador e positivo.


A continuación colgamos algunhas fotos destes actos no noso colexio. 

Nota: Fixádevos nas caras dos nenos, esas caras dino todo! estiveron encantados e moi atentos.













0 comentarios:

Publicar un comentario