miércoles, 25 de marzo de 2015

PREPARANDO A SEMANA DA POESÍA.

Xa pensando na próxima estrea!!!!
Á volta das vacacións da Semana Santa estamos a preparar a Semana da Poesía e para axudarvos a todos os profes e a todos os alumnos estivemos buscando na rede ideas e propostas para MOTIVARVOS  a participar.
Coma sempre faremos un certame literario que neste ano, seguindo as proposta do PlamBE, quixemos que estivera relacionado coas MATEMÁTICAS.
ORGANIZADE nas vosas aulas, nos vosos CUARTOS, ou mesmo na EIRA, un tempo de ensaio, de EXPERIMENTACIÓN, de ilusión, de CREACIÓN.... e logo presentade os vosos traballos na BIBLIOTECA ESCOLAR.
Na tira cómica que engadimos podedes se pinchades nela o enlace a documentos que atopamos que vos poderán axudar nas vosas creacións.

lunes, 16 de marzo de 2015

Dia da Muller Traballadora no CEIP Barrié de la Maza.

Baixo a iniciativa do equipo de Dinamización Lingüística o pasado día 10 de marzo visitaronnos no colexio seis mulleres que realizan o seu traballo en relación á imaxe, o cine, televisión ou xornalismo. 

Tomando como base o tema traballado no colexio para este curso, o cine, os nosos alumnos puideron coñecer de primeira mán como resulta o traballo de mulleres que se adican á maquillaxe e perruqería, a fotografía, ou mesmo xornalistas ou actrices, que ademais son de Santa Comba.

 Estiveron con nós:
Isabel Blanco.- Actriz
Teresa Castro.- Fotógrafa
Isabel Durán.- Xornalista.
Esther Pereira.- Maquilladora e perruqueira.
Florinda Brenlla.- Costureira
Isabel Silvariño.- Fotógrafa.
Se pinchas no logo do xornal A Voz de Galicia poderás acceder ao artigo publicado o 11 de marzo de 2015.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santa-comba/2015/03/11/span-langglseis-xalleiras-explicaron-aos-escolares-e-sua-profesion-relacionada-co-mundo-daimaxespan/00031426077767865979328.htm#
A continuación poderedes ver unha serie de fotos que publicou no seu facebook a OMIC do Concello de Santa Comba.