lunes, 16 de marzo de 2015

Dia da Muller Traballadora no CEIP Barrié de la Maza.

Baixo a iniciativa do equipo de Dinamización Lingüística o pasado día 10 de marzo visitaronnos no colexio seis mulleres que realizan o seu traballo en relación á imaxe, o cine, televisión ou xornalismo. 

Tomando como base o tema traballado no colexio para este curso, o cine, os nosos alumnos puideron coñecer de primeira mán como resulta o traballo de mulleres que se adican á maquillaxe e perruqería, a fotografía, ou mesmo xornalistas ou actrices, que ademais son de Santa Comba.

 Estiveron con nós:
Isabel Blanco.- Actriz
Teresa Castro.- Fotógrafa
Isabel Durán.- Xornalista.
Esther Pereira.- Maquilladora e perruqueira.
Florinda Brenlla.- Costureira
Isabel Silvariño.- Fotógrafa.
Se pinchas no logo do xornal A Voz de Galicia poderás acceder ao artigo publicado o 11 de marzo de 2015.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santa-comba/2015/03/11/span-langglseis-xalleiras-explicaron-aos-escolares-e-sua-profesion-relacionada-co-mundo-daimaxespan/00031426077767865979328.htm#
A continuación poderedes ver unha serie de fotos que publicou no seu facebook a OMIC do Concello de Santa Comba.









0 comentarios:

Publicar un comentario