jueves, 28 de mayo de 2015

INTERPRETACIÓN: TEATRO. Outro xeito de contar historias.








Este video corresponde ao traballo realizado na aula por seis equipos de alumnos. 

A partir duns textos seleccionados polo profesor os nenos/as fixeron o traballo de pensar e organizar a escenificación das mesmas sen apoio de son, nin iluminación, vestiario, e o mínimo de atrezzo (catro sillas, unha mesa e un cubo da basura son todos os elementos que empregaron para as seis pezas).

Con isto consguimos que o alumno/a se fixe máis na interpretación facendo visible solo co corpo o personaxe que quere interpretar. 

Outro aspecto importane foi a preparación na que non lles quedou máis remedio que atopar recursos para que o seu texto fose comprensible a un público que non coñece a historia ata o momento no que se presenta. E dentro dos recursos, non é suficiente a palabra, senon que o corpo, os silencios, o movemento... todo indica e dá información sobre a historia que pretendemos contar.

jueves, 7 de mayo de 2015

E xa van SETE. VII Semana da Poesía.

Unha nova edición da Semana da Poesía. En colaboración co equipo de Dinamización Lingüística do centro organizase novamente unha semana para a promoción da lectura e a creacción de poesía. Celebrouse un certame literario que neste ano quixemos relacionalo coa proposta do PlanBE de integrar as matemáticas na Biblioteca Escolar. Así no certame se propuxo a realización de poesía matemática. Premiaronse unha producción por aula e con estas e outras de autores como Maria Mariño, Eduardo Blanco Amor ou Luis Pimentel organizouse o acto que podedes ver no video que incluímos aquí. PERDON!!!! Falta tamén facer referencia ao bonito vídeo que nos prepararon os nenos de Educación Infantil sobre o poema: UN TREN DE NÚMEROS.

23 abril: Día do libro.

Non podiamos pasar unha celebración tan importante para  a biblioteca escolar sin dedicarlle un pouco de tempo.
Atopamos pola rede dúas imaxes que nos impactaron e que consideramos que serían interesantes para promover nos nosos alumnos e alumnas unha certa curiosidade e deste xeito engadirlle unha mensaxe de promoción da lectura. Con elas preparamos os seguintes carteis.


Logo de colocar estes dous carteis envíaselle a cada titoría a proposta de que cada neno ou nena que queira recomende un libro ou exprese a súa opinión sobre a lectura. 

E como estamos na nova estación da primavera... 
Decidimos adornar con colorido e ideas todo o colexio ao sumar as súas recomendacións e as súas opinións en fermosas bolboretas que encheron o colexio. 
Ahí deixamos unha mostra en fotografías.







OS ALUMNOS DE PRIMEIRO EXPERIMENTAN COA AUGA.

Seguindo coa proposta da Biblioteca Escolar en relación ao pensamento científico, aquí presentamos un video realizado polos nenos e nenas de Primeiro de Educación Primaria. Estiveron a investigar para aprender máis cousas sobre a auga e realizaron o experimento que nos presentan tan ben neste video.