jueves, 28 de mayo de 2015

INTERPRETACIÓN: TEATRO. Outro xeito de contar historias.








Este video corresponde ao traballo realizado na aula por seis equipos de alumnos. 

A partir duns textos seleccionados polo profesor os nenos/as fixeron o traballo de pensar e organizar a escenificación das mesmas sen apoio de son, nin iluminación, vestiario, e o mínimo de atrezzo (catro sillas, unha mesa e un cubo da basura son todos os elementos que empregaron para as seis pezas).

Con isto consguimos que o alumno/a se fixe máis na interpretación facendo visible solo co corpo o personaxe que quere interpretar. 

Outro aspecto importane foi a preparación na que non lles quedou máis remedio que atopar recursos para que o seu texto fose comprensible a un público que non coñece a historia ata o momento no que se presenta. E dentro dos recursos, non é suficiente a palabra, senon que o corpo, os silencios, o movemento... todo indica e dá información sobre a historia que pretendemos contar.

0 comentarios:

Publicar un comentario