viernes, 20 de noviembre de 2015

NOVOS RECANTOS.

Pouquiño a pouco e coa axuda de todos, incluído o noso Bibliorrato, imos remodelando a nosa nova Biblioteca Escolar para facela máis útil e agradable. 

Esto vaise notando na gran afluencia de lectores que nos visitan diariamente, tanto nos recreos da mañán como no tempo de descanso ao mediodía.


Nesta primeira etapa quixemos promocionar o recanto da entrada con materiais moi interesenates como é a banda deseñada. No corredor xunto con libros de curiosidades e de entretemento colocamos unha pequena seleción de exemplares de banda deseñada de todos e cada un dos diferentes tipos cos que contamos na biblioteca.

Esperamos que vos gusten, e non dubidedes en entrar, nos andeis de banda deseñada hai moitísimos máis, SEGURO QUE ATOPAREDES ALGÚN QUE VOS ENGANCHE!!!!



Outra idea foi facer un recanto acolledor onde descubrades pouco a pouco todas aquelas enciclopedias, libros de gran formato con grandes e maravillosas fotografías, con moita información que tiñamos na biblioteca e que non eran manexables.

Deste xeito colocámosvos unha mesa redonda con un punto de luz onde cada pouco tempo iremos deixando eses libros para que curioseedes, examinedes e  comentedes  todo aquelo que poidamos descubrir nestes grandes volumes da nosa biblioteca.
Esperamos que o disfrutedes!!!!!




lunes, 9 de noviembre de 2015

PRIMEIRAS ACCIÓNS.

Aqui temos as primeiras das 80 accións que imos a levar a cabo ao longo deste curso seguindo a estupenda  proposta do Equipo de Dinamización Lingüística do centro. 

O alumnado de 4º a 6º tivo o encargo de achegarnos a todo o centro celebracións  nalgúns países do mundo, lugares dos que proceden
algúns dos nosos alumnos.


Todos sabedes que no inicio do inverno se celebramos unha festa de orixe celta, o Samaín, festa na que se fai honra aos mortos, ao mundo do máis alá. Pero tamén ten relación directa coa colleita, o culto ao sol, a protección contra o rudeza do inverno. En moitos casos soamente vemos a festa do terror e dos disfraces que nos venden en televisión, publicidade, e series americanas.

Pero este tipo de celebración ten tamén as súas similitudes con outras culturas e isto é o que todos descubrimos despois de investigar as seguintes festas:

  1. Festival da vendima en Arxentina.
  2. Festa da Lúa en China
  3. Harvest home, Family Farm Festival en Inglaterra
  4. Italia festivais gastronómicos de outono.
  5. Festa dos dátiles en Marrocos
  6. Festas Juninas en Brasil.








Estas son as fotos do resultado da investigación que se expón no Lareteiro, espacio de Dinamización Lingüística do noso centro.

jueves, 5 de noviembre de 2015

UN CAMBIO NECESARIO.

Dende o equipo de Biblioteca quixemos dar un cambio de rumbo á nosa biblioteca porque nos demos conta que o que vós queriades para a biblioteca era un ambiente máis cómodo onde poiderades comentar os libros que máis vos gusten. 

Así eliminamos a maior parte das mesas para que haxa espacios mais abertos onde permita que vos xuntedes e faledes.
No proxecto deste ano traballaremos sobre as intelixencias múltiples en base a 80 accións a realizar entre todos para coñecer mellor o noso mundo.






Aquí deixamos unha serie de fotos dun día calquera da nosa Biblioteca na que dun xeito máis aberto e flexible os alumnos disfrutan da lectura ou satisfacen as súas curiosidades.

miércoles, 4 de noviembre de 2015

NOVO CURSO, NOVO PROXECTO, NOVAS GAÑAS...

Facendo coíncidir co Día Internacional das Bibliotecas Escolares abrimos de novo ao público a nosa Biblioteca escolar.

NOVO CURSO, NOVAS IDEAS, MOITAS GAÑAS, E UN MONTÓN DE PROPOSTAS NOVAS.

Neste curso: A VOLTA AO MUNDO EN 80 ACCIÓNS.
Apetecevos investigar, descubrir, viaxar polo noso mundo?

Queredes participar nun mundo no que poidamos conseguir facelo mellor?

Poderemos re-inventar o mundo?

Seremos capaces de descubrir segredos e curiosidades sobre o mundo e as persoas que o habitan?

Para estas pretensións poñemos a vosa disposición a nosa Base de Exploración: A biblioteca Escolar.

Aquí presentamos a entrada da Biblioteca, e ademaís o cambio que fixemos dentro da nosa nova Base de Exploración para que poidades sentirvos máis cómodos, vos resulte máis facil xuntarvos para buscar información, comentar, chegar a acordos, axudarvos e comunicar todo aquilo que descubrades, facilitando todos aqueles proxectos que iniciedes....


Esperamos que vos guste o resultado, e sobre todo que vos sexa útil.