viernes, 18 de diciembre de 2015

FELICITACIÓN NADAL.


RESULTADO DO I MERCADILLO SOLIDARIO.

Como xa vos contamos neste curso para animar aínda máis a todos os nosos alumnos para que se compromentan en lograr un mundo mellor e máis xusto organizamos este I Mercadillo Solidario. 
 E dende logo estamos encantodos da resposta recibida, 
Intercambiamos moitos vales por libros, eso quere dicir que conseguimos moitos donativos de comida para as familias máis desfavorecidas do noso contorno.
Moitas grazas polo voso bo corazón e pola vosa solidariedade....
e para mostra un botón,
ou tamén unha imaxe vale máis que mil palabras. (Ahí tendes o resultado da nosa proposta en imaxe).


miércoles, 16 de diciembre de 2015

LER EN NADAL

Para máis información pica nos títulos dos libros

TODOS EN CÍRCULO


OUTROS LIBROS
Para mas informacion pica nas imaxes dos libros
































domingo, 13 de diciembre de 2015

SEGUIMOS SUMANDO ACCIÓNS.

E no Nadal onde todo nos recorda a necesidade de compartir, de ter en conta aos demais, de sermos mellores persoas... na nosa Base de Exploracións pedimos que exploremos no noso corazón, que desenvolvamos a nosa Intelixencia Intrapersoal e Interpersoal e así participemos no:
MERCADILLO SOLIDARIO.

En que consiste?

Moi sinxelo, elaboramos uns vales que enviamos a todas as aulas de Primaria do noso centro.


Tiñamos unha selección de libros en bo estado pero que as necesidades de espacio e que non mostraban un grande movemento no listados de préstamos, e con todo isto establecemos:
Levamos soamente tres dias e a participación pasa xa dos 60 donativos, aínda queda unha semana e esperemos que se superen con creces os 200 donativos. 
Moitas grazas a todos e ahí deixamos máis testimonio gráfico da participación nesta nova acción das 80 accións para coñecer e cambiar o mundo.



NOVO LOGO DO PROXECTO ANUAL

Dentro do programa que ideamos este ano quixemos que todas as accións realizadas en base ao noso proxecto foran claramente diferenciadas. Para conseguilo decidimos identificala cun logo.

Que é un logo? 

Esa foi a primeira cuestión que tiveron que facerse os nosos alumnos. Buscamos información, imprimimos exemplos e propuxemos que se convertiran en diseñadores...

Convocamos un concurso para establecer un logo do noso proxecto "A volta ao mundo en 80 accións", e a nosa biblioteca neste ano como Base de Exploración.

 A continuación presentamos o deseño gañador e a maquetación definitiva do mesmo:

UNHA SINXELA CHAVE FOI A GAÑADORA. 

QUE IDEAS PODE SUXERIR UNHA CHAVE?

A chave do coñecemento.

A chave que abre a porta da nosa Base de Exploracións.

A chave que abre o noso corazón e a mente.

A chave da creatividade.

A chave ás solucións.... etc.

Pero esta é soamente unha das propostas... Había moitas, e moi boas e delas tamén fixemos unha pequena selección que loce na entrada da biblioteca.