miércoles, 27 de enero de 2016

UNHA ACCIÓN MÁIS PARA PROMOVER A LECTURA. HORA DE LER.

Si ben tíñamos un recanto na entrada da biblioteca onde expoñemos aqueles materiais que consideramos poden interesarvos para o disfrute da lectura...
para descubrir novos xeitos de contar historias...

 para atopar novos relatos...

para viaxar ben lonxe... 

decidimos que isto non era suficiente e entón.....

NON SERÍA MELLOR QUE OS TIVERADES MÁIS CERCA?




QUE TAL SE OS PODEMOS LEVAR TODOS XUNTOS ÁS CLASES?





Polo tanto decidimos que poidérades dispor de dous carros expositores para disfrutalos nas clases e facer máis entretida a hora de ler. Eso si, solo durante un tempo determinado pois seguro que as demais aulas tamén os quererán disfrutar.

PEDÍDELLE AOS VOSOS PROFES QUE VOS LEVEN Á CLASE A EXPOSICIÓN ITINERANTE DE BANDA DESEÑADA.
E ...
A LER!!!!!!

Algunha clase xa está saboreando as propostas de banda deseñada....


jueves, 7 de enero de 2016

Nadal: Máis accións para coñecer o noso mundo.

Traballamos nesta ocasión nas diferentes titorias o tema do Nadal no mundo.
Curiosidades sobre o  Nadal en diferentes países. Descubrir esas diferencias entre a nosa celebración navideña e a  de outras culturas.

Que personaxes son os propios en cada Nadal? 

Que outros costumes existen en relación as celebracións navideñas?

Que comidas son típicas en cada lugar?

E así investigando logo decoramos os corredores do noso colexio con paneis informativos sobre "grandes"  descubrimentos que tanto a pequenos como adultos chegaron a sorprendernos.

A continuación unha pequena reseña gráficas destes paneis.