viernes, 12 de febrero de 2016

Un mundo lonxano: China.

A Base de Exploracións que é a nosa biblioteca escolar tamén foi empregada por alumnos de 4º para atopar información sobre este lonxano país e coñecer algo máis sobre o disfráz elaborado para o desfile de Entroido.
Así descubriron aspectos da súa xeografía como o rio Yangtzé, a súa escritura ou o seu calendario  tan diferente ao noso.
No exterior da súa clase podedes ver este mural no que sobre a siluteta do territorio chinés nos mostran todo o que eles descubriron.


miércoles, 3 de febrero de 2016

En cuarto investigan sobre dragóns!!!!

 Os alumnos de 4º de primaria estiveron visitando a nosa Base de Exploracións, a biblioteca escolar, para aprender máis sobre estas fantásticas criaturas.
A verdade é que  esta chegando o Entroido, como se queren disfrazar de chineses  e no seu disfraz ían estampar un precioso dragón...

Que mellor ocasión para investigar sobre eles?????

A continuación na imaxen podedes observar os resultados da súa investigación que expoñen na entrada da súa aula.

Amigos, estas 80 accións que tiñamos programadas para coñecer e mellorar o mundo van a cumplirse antes do previsto!!!! 

Ánimo e a seguir traballando!




martes, 2 de febrero de 2016

Que farías tí pola paz?

É ben certo que todos estamos de acordo que un mundo mellor é aquel no que reine a paz. 
PERO...
non é suficiente, para logralo todos teñen que aportar algo para conseguilo, non chega con soñalo, esperalo, ou esixilo.
ASÍ PENSAMOS QUE SERÍA BO QUE TODAS AS CLASES,
TODOS OS ALUMNOS
PENSARAN,
REPENSARAN,
DECIDIRAN,
ANALIZARAN, E
ESCRIBIRAN
O QUE ELES FARÍAN POLA PAZ.
E isto afecta a todo o mundo, non soamente aos nenos que teñen que aprendelo, nin soamente aos profes que vos axudan a pensalo, nin unicamente aos gobernantes...
Esto afecta a todos e cada un dos homes da Terra e para deixalo claro traducimos a varios idiomas este manifesto.
Axudáronnos os pais de alumnos do centro que proveñen doutros países  e agora
AHÍ O TENDES NO LINGUATEIRO! 
para que todo o mundo saiba que nos comprometemos en lograr un mundo mellor coa axuda e colaboración de todos.
MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN.
MOITAS GRAZAS AOS PAIS QUE TAMÉN COLABORARON.
MOITAS GRAZAS AO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, que coordinou toda esta actividade.
POR UN MUNDO MELLOR!
POR UN MUNDO EN PAZ!