miércoles, 22 de junio de 2016

FIN DE CURSO, ÚLTIMA ACCIÓN MULTICULTURAL.

E xa non podía ser doutro xeito, no fin de curso xunto coas actuacións de moitos dos nosos alumnos tivemos para abrir o festival a actuación de EUGENIA que nos mostrou a música de diversos lugares do mundo. 

Tamén contamos cunha exhibición de CAPOEIRA.

A continuación todos os grupos do colexio mostraron o seu bo facer con bailes e actuacións que fixeron que esta mañán soleada brillara aínda máis.

E así rematamos as 80 ACCIÓNS QUE RECORRERON O MUNDO dende a nosa Base de Exploración.
Moitas grazas a todos por implicarse e sacar adiante este proxecto. 

Felices e merecidas vacacións!!!!











martes, 21 de junio de 2016

XORNADA DE XOGOS POPULARES DO MUNDO.

 E nos últimos días de curso en colaboración co Proxecto Deportivo do Centro descubrimos un montón de xogos populares. 

Achegámonos a outras culturas, paises e outros nenos que coma nós teñen necesidade de xogar e divertirse. 

Nesta xornada organizamos un circuito en todo o patio para todo o alumnado no que practicamos con aqueles xogos que descubrimos a través da rede, en relación ao noso proxecto de biblioteca: A volta ao mundo en 80 accións.

Aí deixamos unha serie de imaxes para que vexades como disfrutamos desta xornada.


















viernes, 17 de junio de 2016

EXPOSICIÓN MULTICULTURAL

E xa coas últimas actividades do curso.

 Levamos xa todo un ano traballando sobre as 80 accións para achegarnos máis ao mundo, coas accións que nos achegue ao mundo e de xeito que nós poidamos entender, comprender e participar na creacción dun mundo mellor.

Nesta ocasión relatamos no video seguinte, coa recollida dunha serie de fotografías, a mostra do traballo realizado durante o curso e que agora nos corredores do colexio serve de exposición na que algúns pais ( gustarianos que foran máis) viñeron a coñecer eses lugares que estivemos a traballar e que tan ben souberon explicarlles os nosos alumnos e alumnas.



lunes, 13 de junio de 2016

Recital da Semana da Poesía.

E como remate final aquí deixamos un video que resume o acto de entrega de premios do certame de poesía, a participación da nosa veciña e poetisa Regina Muñiz Gerpe, e para despedir unha pequena mostra da poesía galega relacionada coa emigración: 
Rosalía de Castro
Manuel María
Curros Enriquez
Pepe de Xan Baña, autor tamén do noso concello.

Esperemos que vos guste o resultado final.




Video poema de 1º e 2º Ed. Primaria.

Os máis pequenos de primaria escolleron un bonito poema dunha autora do noso concello: 
"Se me vou lonxe" de  Regina Muñiz Gerpe.

Catro alumnos recitan este poema comodamente sentados na biblioteca do centro.

 Pero antes para ilustrar a poesia da autora, ex-alumna do noso colexio e veciña, quixemos facerlle homenaxe cunha serie de imaxes captadas pola cámara dun profesor do centro sobre o entorno e sobre as pequenas cousas que ela fai grandes nos seus poemas.

Aínda quixemos realzar máis o sentimento de pertenza ao noso pobo e de revalorización das nosas xentes e lugares, incluíndo un tema de Folk on Crest que é un grupo folk salmantino no que podemos escoitar a  Iolanda Río, veciña da mesma parroquia que a nosa autora. 

Ao final engadimos o vídeo.


Esperamos que vos guste.

POR CERTO, REGINA TIVO O GRAN DETALLE DE ASISTIR AO RECITAL DE POESÍA, PARTITIPOU RECITANDO UN DOS SEUS POEMAS E A CONTINUACIÓN TIVEMOS UNHA MESA REDONDA NA QUE ALUMNOS DE 3º E 4º PREGUNTARON E SE INTERESARON POLA SÚA OBRA.



Educación Infantil. Poema de Gloria Fuertes interpretado por alumnos.

E preparando un recital para rematar a semana,  en Educación Infantil prepararon este poema para ilustralo e presentalo ao certame da VIII Semana da Poesía. 
Pero ademais para que os poidamos ver no recital prepararon o seguinte vídeo. 








Algunhas actividades en titorías. Semana da Poesía.

Dende o equipo da Biblioteca Escolar seleccionamos unha serie de poemas relacionados co autor homenaxeado no día da Letras Galegas: Manuel Maria. 

Buscamos diferentes intérpretes que empregaran os seus poemas para  musicalos.

Deste xeito, no tempo da hora de ler, faciamoslle chegar a cada aula un poema de Manuel María e na megafonía do centro sonaba a interpretación do mesmo en voces coma Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde ou Uxía Senlle e Magín.

Os poemas seleccionados foron : 
"O Carro",
"A vaca",
"Cantiga das Encrobas",
"O muíño",
"A roda-roda".

Nas diferentes titorias traballaron con estes poemas e a continuación móstrannos os resultados nos corredores, outros traballaron a poesía visual, e outros poemas de diferentes autores...

Ao fin a poesía volveu a ser protagonista, coma auga de maio, no fin de curso do noso colexio. 
Aí deixamos unha mostra gráfica do relatado.














POESÍA: E xa van oito ediccións!

Como cada ano a poesía invade o centro no terceiro trimestre.

Xa imos na octava edición da Semana da Poesía do CEIP Barrié de la Maza. Neste curso, coma sempre, integrada no proxecto interdisciplinar da Biblioteca Escolar e en coordinación moi estreita co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Polo tanto o tema tiña que ter relación directa con algún aspecto que se relacionara coa volta ao mundo en 80 accións. Neste caso concreto decidimos centrar o certame na Emigración e Inmigración. Realidade coñecida e experimentada ben de preto polos nosos alumnos que conviven nun entorno moi relacionado coa emigración. 
Así tamén atopamos moitas referencias a este tema na poesía galega.

A continuación introducimos o boletin informativo e o cartel anunciador deste evento que se enviou a todos os mestres e tódalas aulas do centro.