viernes, 27 de enero de 2017

mais vale tarde

 POUQUIÑO A POUCO , COMEZAMOS A NOSA ANDAINA


    

  Dende o inicio do curso estamos a traballar na  biblioteca coa ilusión de achegar os lilbros ao noso alumnado e de espertar neles o interese e a ilusión por adentrarse noutros mundos navegando nun mar de libros.
       É por eso que fixemos unha exposición cos fondos  adquiridos recentemente.



  SAMAÍN 2016
      Nestas datas nas que é tan facil confundir o mundo real e o imaxinario aproveitamos para poñer a man dos nosos alumnos unha boa selección de fondos"terroríficos " cos que desexamos se divirtan aterradoramente.
É  por iso que os corredores do noso colexio aparecen  cheos de expositores con libros que poden  coller  libremente para usar na "HORA DE LER"





CENTENARIO DE ROALD DAHL

       Non podiamos deixar pasar a ocasión  do centenario deste "amigo dos nenos"  de  xeito  que seleccionamos os fondos da nosa biblio para invitar ao alumnado a adentrarse no maravilloso e fantástico mundo do autor.